María Leyra “O tempo dos vencidos e das vencidas María Zambrano e Rafael Dieste”

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 12 сен 2024
  • MARÍA LEYRA
    O tempo dos vencidos e das vencidas: María Zambrano e Rafael Dieste
    Partindo das figuras representativas do vencido, coma fío condutor nas obras dos nosos pensadores, tratamos de esculcar as concepcións temporais que acontecen a través destes arquetipos. Na obra da pensadora María Zambrano amósase tematizado o estudo do tempo pero tamén semella presente a través de figuras senlleiras coma Antígona, Eloísa do Paracleto, Lucrecia de León e Diotima, entre outras. No caso de Rafael Dieste detectamos unha visión da temporalidade espallada ao longo dos seus textos ensaísticos e noutras producións literarias en que os personaxes traspasan a temporalidade lineal, coma no caso da pensadora exiliada, apertando novas coordenadas que necesariamente percorren as sendas oníricas. Dieste ofrece figuras senlleiras coma Don Frontán, A asegurada, Estreliña e tantos outros nacidos de obras como El alma y el espejo ou La isla. Ambos os dous empregan un discurso enraizado nos seres miúdos, nas criaturas eivadas ou segregadas dos foros do poder e da palabra. A través delas descobren, como di a nosa autora, que o tempo se di de moitas maneiras.
    CV
    María Leyra é licenciada pola USC en Filosofía e Ciencias da Educación. Titulada en Deseño pola Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos Mestre Mateo. Asemade realizou o Traballo de Investigación Tutelado Sobre a muller en María Zambrano, dirixido polo profesor da USC César Raña Dafonte. O traballo de tese: María Zambrano e Rafael Dieste: imaxes do vencido, realizado no marco da USC, foi codirixido polas profesoras María Xosé Agra Romero e Rosa Rius Gatell, esta última da Universidade de Barcelona. Ten publicados varios traballos nas revistas Ágora, Papeles de Filosofía e Abriu. Nas xornadas: Zambrano-Dieste: o legado de dúas figuras insubornables, organizado polo Consello da Cultura Galega, participou co relatorio: “Zambrano e Dieste, una amizade na Hora de España”.
    Colaborou en varios grupos de traballo: na USC, sobre Filosofía e Xénero dirixido por María Xosé Agra, e outros sobre a nosa práctica educativa. Participa nos últimos cursos académicos nun proxecto de formación no seu actual centro de traballo, o IES de Ames, sobre Redes de Cooperación para o traballo da Memoria democrática e os DDHH, cos seguintes eixos: Memoria democrática, conflitos internacionais, DDHH, Sustentabilidade e Igualdade de xénero. Asemade traballa actualmente nun programa de Prácticas Restaurativas co gabinete de orientación no seu centro de traballo.

Комментарии •