Yolanda Castaño “Unha arte temporal extraída dunha mina temporal”

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 12 сен 2024
  • YOLANDA CASTAÑO
    Unha arte temporal extraída dunha mina temporal
    Que para a poesía se precisa tempo é algo que pode ofrecernos diferentes lecturas dependendo do punto de vista: o tempo de procesamento dunha emoción logo de vivila, o tempo en que transcorre a súa lectura ou escoita como arte temporal que é, o tempo que o lector ou lectora precisa para abordala dende unha interpretación crítica e reflexiva.
    Mais, tamén bebe do tempo o propio proceso de creación: o mesmo tempo do que extraemos recursos para sustentarnos. É ese un xacemento infinito? Como conciliar nun mesmo tempo vida persoal, profesional e artística? Canto custa cada un deses tempos e cantos xuros inclúe? É compatíbel a accesibilidade da cultura e que teña un prezo o tempo das súas traballadoras? Ten de veras valor o tempo de todas as persoas ou só os dalgunhas?
    Sobre o tempo dos corpos que escriben, sobre dedicarte ao que poidas permitirte dedicar o teu tempo, sobre comprar tempo e sobre todas estas cuestións reflexionaremos nesta charla que, salpicada de poesía, abrirá boca ao que será o primeiro ensaio da Premio Nacional de Poesía 2023.
    CV
    Yolanda Castaño é un dos rostros máis populares e internacionais da poesía galega. Tamén colaboradora de TV cun Mestre Mateo á Mellor Comunicador/a en 2005, naceu en Santiago de Compostela en 1977; na Coruña licenciouse en Filoloxía e realizou estudos audiovisuais. Activa dinamizadora cultural que fundou a súa propia Residencia para Escritores/as na Coruña en 2019, dende 2009 dirixe varios proxectos con poetas galegos e internacionais: o ciclo de recitais mensuais POETAS DI(N)VERSOS na Coruña (Premio da Crítica Galicia á mellor Iniciativa Cultural 2014, Premio Rodolfo Prada á Xestión Cultural 2022 e Premio Follas Novas á Mellor Iniciativa Cultural 2022); o Obradoiro Internacional de Tradución Poética “Con barqueira e remador” na illa de San Simón e, durante case unha década, o Festival de Poesía PONTE-POÉTICA en Pontevedra. Alén diso, ofrece obradoiros literarios, recitais, videopoesía e outras mostras do seu traballo dentro e fóra do país, por máis de corenta países de toda Europa e América, ademais de Tunisia, Marrocos, Cabo Verde, Kenia, Palestina, India, China ou Xapón. Durante anos traballou en televisión (Premio Mestre Mateo Mellor Comunicador/a de TV 2005), e publicou columnas en distintas cabeceiras galegas. Foi responsable de mostras poéticas colectivas, de traducións de poesía, de biografías de poetas, de estudos sobre a historia da poesía galega e de edicións literarias. Aparece representada en numerosas revistas especializadas, libros colectivos e antoloxías tanto galegas como estatais e estranxeiras, así coma en numerosos festivais internacionais de poesía, téndose traducido en parte a máis de trinta linguas.
    Premio Nacional de Poesía 2023, dúas veces Premio da Crítica Española en 1999 e 2023, Premio Espiral Maior 2007, Premio Ojo Crítico 2009 (ao mellor poemario publicado en España por un autor/a mozo/a, escollido tamén por El Cultural coma un dos 5 mellores libros de poesía editados ese ano en España), Premio Fundación Novacaixagalicia, “Autora do Ano” nos Premios Irmandade do Libro 2014, Premio Estandarte ao Mellor Poemario publicado en España 2020, Premio Miguel González-Garcés de Poesía, Premio da Cultura Galega, Galega do Ano 2023 e Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, entre outros recoñecementos.
    Yolanda Castaño conta con sete poemarios individuais (entre os que salientan Vivimos no ciclo das Erofanías, O libro da Egoísta, Profundidade de Campo, A segunda lingua e Materia), edicións bilingües dos mesmos (para España e Latinoamérica) en Visor libros, varias escolmas persoais (bilingües, con música, en Cómic-Poético...), algunhas plaquettes (en castelán, alemán, croata, macedonio, francés, grego ou chinés), libros individuais en inglés, francés, italiano, serbio, macedonio, catalán, esloveno e armenio, e sete libros de poesía infantil, ademais de obras asinadas como editora, biógrafa e tradutora.
    Con case 30 anos de traxectoria na poesía galega, desenvolve multitude de experiencias que mesturan a poesía con outras linguaxes creativas (música,
    plástica, audiovisual, arquitectura, banda deseñada, cine en 360º, danza e até cociña), ben en solitario ou en colaboración con outros artistas. Foi distinguida con varias bolsas internacionais de creación en residencia: en 2011 no IWTCR de Rodas (Grecia) e mais na Villa Waldberta (Múnich), en 2014 no HIP-Beijing (China), en 2016 no Castelo de Hawthornden (Escocia), en 2021 en Valparaíso (Andalucía), en 2022 en Saari (Finlandia), Dorland (California) e a Fundación Uxío Novoneyra e en 2023 en Nilüfer (Turquía).

Комментарии •