Alicia H Puleo “Filosofía e ecofeminismo en tempos de hybris”

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 29 ноя 2024
  • ALICIA H. PULEO
    Filosofía e ecofeminismo en tempos de hybris
    O concepto que cada época ou cada cultura posúe sobre o ser das cousas condiciona a percepción do mundo e os modos de estar nel. Ontoloxía, ética e política manteñen relacións de retroalimentación. As nosas prácticas e normas éticas están vinculadas á definición da realidade que manexamos. Dende perspectivas distintas, tanto o feminismo como a ecoloxía teñen proxectado unha nova mirada sobre a Natureza e a sociedade. O ecofeminismo, xurdido do encontro destas dúas formas de pensamento supón unha transformación radical do noso “ser no mundo”. Como teoría e como praxe, implica un novo paradigma filosófico que nos instala nunha realidade cotiá diferente. Cuestiona o modelo androcéntrico e antropocéntrico hexemónico, denuncia a irracionalidade do complexo económico-tecnocientífico globalizado e traballa por unha cultura de paz. Nunha época en que o proxecto transhumanista ameaza con levarnos á substitución do vivo polo mecánico, á mercantilización total dos corpos e ao sometemento dunha biopolítica totalitaria, a teoría e a praxe ecofeministas propoñen un ideal ampliado de xustiza, coidado e solidariedade para unha humanidade reconciliada coa Natureza.
    CV
    Alicia H. Puleo é filósofa, profesora e escritora. Catedrática de Filosofía Moral e Política da Universidade de Valladolid, dirixe dende hai catro anos o curso en liña Ecofeminismo: Pensamiento, Cultura y Praxis, que constitúe unha importante contribución ao coñecemento da perspectiva ecofeminista nos países ibéricos e iberoamericanos. As súas publicacións en distintos idiomas superan o centenar e é invitada regularmente a impartir conferencias en numerosas universidades de Europa e América. Algúns dos seus libros son La Ilustración olvidada, Filosofía, Género y Pensamiento crítico, Cómo leer a Schopenhauer, El reto de la igualdad de género, Ecofeminismo para otro mundo posible, Género y Ecología en diálogo interdisciplinar, Claves ecofeministas para rebeldes que aman a la Tierra y a los animales e Ser Feministas. Pensamiento y acción. O seu libro máis recente é Ideales ilustrados: La Encyclopédie de Diderot, D’Alembert y Jaucourt. Dende o ano 2014, é a directora da colección Feminismos de Editorial Cátedra. En 2020, o Senado da República Argentina, a proposta da “Red de Defensoras del Medio Ambiente y el Buen Vivir”, outorgoulle a distinción “Berta Cáceres” polas súas achegas á filosofía ecofeminista.

Комментарии • 2

  • @MariaLuzpc
    @MariaLuzpc 4 месяца назад +1

    Gracias Alicia!
    No habrá cambios en la conciencia humana sin solidaridad y proyecto conjunto primando el progreso para todas las personas.

  • @MariaLuzpc
    @MariaLuzpc 4 месяца назад

    Creo además que la señora que habló con gran impotencia, así nos sentimos, del último asesinato machista, no ha sido completamente respondida por parte de Alicia, a veces hay que bajar más a tierra y explicar los factores que están incidiendo en el grave problema de estos asesinatos.