Isabel Balza “Algúns tempos de Zambrano graza e melancolía”

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 12 сен 2024
  • ISABEL BALZA
    Algúns tempos de Zambrano: graza e melancolía
    Nunha primeira parte da miña intervención, presentarei os trazos fundamentais do proxecto de ontoloxía temporal que María Zambrano comeza a desenvolver na década de 1950, durante o seu desterro en Roma, proxecto en que traballa arredor de 25 anos. O material que principalmente manexarei está constituído tanto a parte inédita deste proxecto, que consta de arredor de 600 páxinas -que se encontra na Fundación María Zambrano en Vélez-Málaga-, como Los sueños y el tiempo e El sueño creador, en tanto que compoñen a parte até agora publicada da investigación. Con iso pretendo reconstruír a multiplicidade de tempos que Zambrano artella, é dicir, as especies do tempo que elabora e conceptualiza a filósofa.
    Nun segundo momento da miña intervención, detereime a expoñer as propiedades de dous fenómenos que son exemplo das dúas estruturas extremas do tempo que conxuga Zambrano. Por unha parte, interpretarei a melancolía como un fenómeno da continuidade temporal e expoñente do que é a percepción na vixilia da pretemporalidade ou duración; por outra banda, fixareime na graza como un fenómeno da descontinuidade temporal e o modo excelso da supratemporalidade ou tempo creador.
    CV
    Isabel Balza é profesora titular de Filosofía Moral na Universidade de Jaén, onde imparte clases de grao e posgrao en materias tales como “Ética do Traballo Social”, “Cidadanía e Dereitos Humanos” e “Teorías e Prácticas do Feminismo”. Doutorouse na Universidade do País Vasco cunha tese titulada Tempo e escritura en María Zambrano. Foi coordinadora do Programa de Doutoramento Interuniversitario entre a UJA e a UNIA “Xénero, Feminismos e Igualdade” (2007-2010). Codirixiu a 1ª e 2ª edicións do Mestrado Propio Interuniversitario entre a UJA e a UNIA “Xénero, Feminismos e Cidadanía” (2009-2012). É coordinadora do Grupo de Investigación da Junta de Andalucía “Biopolítica”. É membro do Seminario Permanente de Investigación “Muller, Ciencia e Sociedade” da Universidade de Jaén e membro da Rede Ecofeminista. Participa no Proxecto de Investigación I+D+i “Vulnerabilidade, precariedade e fendas sociais. Cara a unha redefinición dos dereitos fundamentais?”, do Plan Nacional de Investigación. Algunhas das súas recentes publicacións son: Isabel Balza, «Una ética ecofeminista para lo salvaje», en Puentes Salvajes. Una filosofía
    integradora para renaturalizar el Antropoceno, ed. por Cristian Moyano (Madrid: Plaza y Valdés, 2024); Isabel Balza, «Escritura animal para una ética posthumana (salvaje y feminista)», Isegoría. Revista de Filosofía Moral y Política 63 (2020). Actualmente traballa sobre filosofía animal e ecofeminismo.

Комментарии •