Xurxo Mariño “Mente e tempo Reflexións sobre a percepción e a construción do tempo”

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 12 сен 2024
  • XURXO MARIÑO
    Reflexións sobre a percepción e a construción do tempo
    A nosa vida mental transcorre sobre un claro fluír do tempo, no cal diferenciamos pasado, presente e futuro. Mais a percepción que temos dese fluír non é fixa, senón que ten un carácter subxectivo que depende de elementos sensoriais, emocionais, memorísticos, lingüísticos e sociais. Por outra banda, a frecha mental do tempo constrúese sobre un substrato físico de relacións causais e, presuntamente, deterministas, o cal formula un serio problema para a existencia do libre albedrío.
    CV
    Xurxo Mariño Alfonso (Lugo, 1969) é biólogo e doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1998), e profesor do Departamento de Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas da Universidade da Coruña (na actualidade en excedencia). Especializado en neurofisioloxía, forma parte do grupo de investigación Neurocom da UDC, así como de varias sociedades científicas estatais e internacionais. Ten publicado traballos de investigación en revistas especializadas e colaborado co Massachusetts Institute of Technology (MIT), onde desenvolveu as súas investigacións de posdoutoramento. O seu traballo de investigación en neurofisioloxía céntrase no estudo dos mecanismos sinápticos de distintas vías sensoriais a nivel talámico e pretalámico, na interacción tálamo-cortical e no regulamento dos niveis de actividade encefálica global no ciclo sono-vixilia. Paralelamente, ten desenvolvido software especializado de estimulación, rexistro e análise electrofisiolóxico, e colaborado no desenvolvemento de ferramentas estatísticas de análise.
    Realiza múltiples actividades de divulgación do coñecemento científico, procurando ademais a interacción co mundo das humanidades. Ten publicado os libros Os dados do reloxeiro. Ciencia amena para mentes inquietas (2005), Po de estrelas (2008), Neurociencia para Julia (2012), Terra. Ciencia, sorpresas e aventuras dunha viaxe arredor do mundo (2017), El misterio de la mente simbólica. Cerebro, lenguaje y evolución (2018), La conquista del lenguaje / Unha mente que voa (2020) e Neuronas para la emoción (2023). Participa con espazos de divulgación científica en radio, TV, internet, revistas e prensa; entre outros ten colaborado coa CRTVG, TVE, RNE1, Onda Cero; as revistas Muy Interesante, Filosofía Hoy, Mètode; ou os sitios web culturagalega.org e naukas.com. Organiza cafés-teatro científicos e desenvolve outras actividades de divulgación como os Discurshows. Na actualidade é colaborador habitual da revista de ciencia, pensamento e divulgación Mètode, do programa Quen anda aí? da TVG e do programa Órbita Laika de TVE.
    No ano 2011 levou o Premio Especial do Xurado do ‘I Certamen FECYT de Comunicación Científica’, e en 2014 o Premio Tesla de Divulgación. En 2017 foille concedido o premio Lois Peña Novo. No ano 2018 foille concedido o premio da modalidade de ‘Divulgación’ na Gala do Libro Galego pola súa obra Terra, libro que tamén levou unha mención de honra na edición de 2018 dos premios PRISMA dos Museos Científicos Coruñeses. En 2021 recibiu o premio Follas Novas polo libro Unha mente que voa.

Комментарии •