Músicas inéditas en Casas literarias II: "O camiño do monte" de Uxío Novoneyra e Tino Prados

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 6 сен 2024
  • Músicas inéditas en casas literarias é un proxecto de investigación, interpretación e divulgación do patrimonio musical galego para guitarra, inédito ou pouco coñecido. Unha produción de Poliédrica® e Samuel Diz, ao abeiro do Fondo de Proxectos Xacobeo 2021-2022 da Xunta de Galicia.
    Esta gravación foi realizada na Casa-Museo Manuel María de Outeiro de Rei (Lugo), cunha copia facsimilar da guitarra orixinal de Federico García Lorca (José Ortega, ca.1906) conservada na Casa-Museo Huerta de San Vicente (Granada) e a colaboración da cantante galega Faia Díaz.
    No ano 1959 o guitarrista e compositor lucense Tino Prados (1924-1981) escribiu esta partitura a partir do poema "O camiño do monte" de Uxío Novoneyra (1930-1999) publicado en "Os eidos" (Galaxia, 1955). Tras a estrea da composición en 1961 polo tenor "Angelillo" e a orquestra de pulso e púa do Círculo das Artes de Lugo, a partitura permaneceu inédita ata este momento no arquivo familiar de Tino Prados.
    Composición: Uxío Novoneyra e Tino Prados
    Interpretación musical: Faia Díaz e Samuel Diz
    Investigación e arranxo musical: Samuel Diz
    Revisión lingüística: Yolanda Castaño
    Vídeo: Beatriz Fontán
    Son: Isaac Palacín
    Agradecementos á Fundación Manuel María de Estudos Galegos e ao persoal da Casa-Museo Manuel María, á Fundación Uxío Novoneyra, así como á familia e aos discípulos de Tino Prados.
    © Poliédrica, Galicia 2021

Комментарии •