Músicas inéditas en Casas literarias II: "Zoraida" de Tino Prados (Lugo, 1924-1981)

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 18 май 2022
  • Músicas inéditas en casas literarias é un proxecto de investigación, interpretación e divulgación do patrimonio musical galego para guitarra, inédito ou pouco coñecido. Unha produción de Poliédrica® e Samuel Diz, ao abeiro do Fondo de Proxectos Xacobeo 2021-2022 da Xunta de Galicia.
    Esta gravación foi realizada na Casa-Museo Manuel María de Outeiro de Rei (Lugo), cunha copia facsimilar da guitarra orixinal de Federico García Lorca (José Ortega, ca.1906) conservada na Casa-Museo Huerta de San Vicente (Granada).
    A danza moura Zoraida é a partitura máis difundida do guitarrista e compositor Tino Prados. Composta en 1958 e estreada ao ano seguinte por el mesmo en Lugo, a obra foi editada polo Círculo das Artes en 1972 e o guitarrista Miguel Anxo Murado incluíuna nun concerto en Madrid.
    Composición: Tino Prados
    Investigación e interpretación musical: Samuel Diz
    Revisión lingüística: Yolanda Castaño
    Vídeo: Beatriz Fontán
    Son: Isaac Palacín
    Agradecementos á Fundación Manuel María de Estudos Galegos e ao persoal da Casa-Museo Manuel María, así como á familia e aos discípulos de Tino Prados.
    © Poliédrica, Galicia 2021
  • ВидеоклипыВидеоклипы

Комментарии • 3

  • @carmenossorio6981
    @carmenossorio6981 2 года назад

    Esto conmove Tino Prados grandisimo artista A xente coma el non podia morrer Pertenecia o gupo de pintores de Lugo Os Urogallos... Gran xeracion grandes artistas.....

    • @SamuelDiz
      @SamuelDiz  2 года назад

      Moitas grazas polas túas verbas, Carmen. O sábado 28 de maio estaremos tocando estas músicas en concerto na propia casa-museo de Manuel María en Outeiro de Rei.

  • @carmenossorio6981
    @carmenossorio6981 2 года назад

    Na casa Museo de Manuel Maria Grazas Xosefina Alvarez Pol (pintora e a muller do pintor Blas Loures) moitos bicos