Tiro Na Testa - Espranza

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 17 окт 2024
  • Unha versión cantada deste poema de Celso Emilio Ferreiro, basada nunha versión anterior de Suso Vaamonde.
    Letra:
    Erguerémola espranza
    sobre ista terra escura,
    coma quen ergue un facho
    nunha noite sen Lúa.
    Marcharemos cinguidos
    polos duros segredos
    dunha patria soñada
    á que non volveremos.
    Non sabrán o camiño
    que pra entón colleremos.
    Longos ríos de brétema,
    longos mares de tempo.
    Tripulantes insomnes,
    na libertá creemos.
    Viva, viva, decimos
    aos que están no desterro
    e soñan cun abrente
    de bandeiras ao vento.
    Adictos da saudade
    que levades a luz polos vieiros.
    ¡Saúde a todos,
    compañeiros!
    ¡Saúde a todas,
    compañeiras!

Комментарии •