O veleiro verde - María Fumaça

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 12 дек 2019
  • Canción incluída no libro-disco "O veleiro verde", de María Fumaça (Editorial Galaxia, colección Sonárbore 2019)
    www.editorialgalaxia.gal/produto/o-veleiro-verde
    Xa está aquí María Fumaça!!
    O veleiro verde non é un disco calquera. É unha explosión de cor, un lóstrego de esperanza, unha greta pola que se coa o optimismo dando chimpos de alegría. A mensaxe é clara: temos azos para afrontar a travesía do futuro. O veleiro verde de María Fumaça é moito máis que un veleiro. É un transformador de enerxía. Proba a subir nel e verás como podes cambiar o mundo, desafiar a lei da gravidade e voar a outros universos, onde poder recomezar e habitar un espazo máis leve, máis lúdico e máis humano.
    Soltamos amarras, despregamos velas e iniciamos a travesía máis fascinante polo mar da liberdade co capitán Ruí e a extensa familia María Fumaça. Desta volta botamos leña á caldeira e subimos un chisco os decibelios, con toda a enerxía, con máis flow, ventos, metais, rock rebelde, co noso “ruiguetón”, e funk, sen esquecer o tradicional, marca da casa.
    Subide tod@s a bordo!!!
    Letra e música: Uxía
    Tema dedicado ao Rainwow Warrior e a Greta
    Video dirixido por Olih Conde (Oliconh)
    Stop Motion por Breogán Sousa e María Selgas Letra:
    (Ao Rainbow Warrior de Greenpeace)
    A terra treme,
    medran os mares,
    falan os ventos,
    todos son sinais.
    A terra seca,
    xa o dixo Greta*,
    arde o planeta
    e haino que salvar.
    Mais hai un veleiro verde
    co arco da vella a ondear.
    Hai un veleiro verde
    en marcha polo clima sen parar.
    E os paxaros
    caen do ceo,
    medra o desxeo,
    a deforestación.
    Peixes, baleas
    intoxicadas
    de lixo e plástico
    que van para o mar.
    Mais hai un veleiro verde
    que pregoa un novo mencer,
    hai un veleiro verde
    para mudar o mundo e renacer.
    Esta é unha alerta,
    unha carta aberta
    que nos di
    que temos a solución.
    Fóra a cobiza da Amazonia,
    o fume negro que asfixia o ar.
    Mais só temos unha terra
    e a esperanza verde a navegar.
    Guerreiras do arco da vella,
    viremos o rumbo agora xa.
    E só temos unha terra
    e a esperanza verde a navegar.
    Guerreiras do arco da vella,
    viremos o rumbo agora xa.
    *Greta Thunberg, nena suecacon autismo que se fixo popular por promover folgas escolares en defensa do medio ambiente e que é símbolo do movemento pola xustiza climática.

Комментарии •