Alalá nº 141 "O Entroido de Hío" - TVG
HTML-код
- Опубликовано: 9 фев 2025
- Alalá nº 141 "O Entroido de Hío"
Emisión en Televisión de Gaicia: 23 de marzo do 2010
No entroido do Hío (Cangas) non soa máis música que a das gaitas. E soa durante tres días seguidos. Sete grupos de gaiteiros, un por cada unha das aldeas da parroquia, percorren os quilómetros que hai dun lugar a outro seguidos polos veciños que forman cada unha das comparsas, disfrazados e bailando sen acougo. Cando chegan ás distintas aldeas, un por un van tocando nun palco construído para a ocasión e adornado con mimosas e loureiro e os veciños que acompañan ó grupo correspondente bailan diante formando nunha roda. Fano así en cada aldea e cando rematan e repoñen forzas comezan a camiñar cara a seguinte todos xuntos, unha comparsa tras outra. E sémpre tocando e bailando.
Esta tradición vén xa de finais do século XIX e tén un protocolo moi marcado. Organízano desde sémpre os mozos solteiros, ós que chaman “socios”, dirixidos por un presidente. Eles son os encargados de contratar ós gaiteiros, construír os palcos nos que van tocar os grupos, acondicionar os locais nos que celebran os bailes pola noite, mercar os foguetes e o viño tinto, outro dos elementos indispensables nesta festa.
Por este entroido pasaron algúns dos grandes grupos de gaiteiros da historia, como Os Campaneiros ou Os Morenos de Lavadores, e aínda hoxe os organizadores seguen preocupándose de levar ós mellores. Que toquen moi ben, aguanten o tirón e fagan moita festa. Porque a festa aquí faise ó son das gaitas.
Hola buenos días que no se pierda nunca está tradición en hora buena 👍 una maravilla
Me gustaría ir a esa fiesta...saludos desde México.
Galicia te espera
Buenas noches