Poetarras - Chove en Galiza

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 3 окт 2024
  • "Chove en Galiza" é unha canción de Manuel Gago, Pablo Lamosa, Rubén Lino e Daniel Vilaverde
    Vídeo realizado por Pablo Lamosa
    Estamos en:
    / poetarras
    / poetarras
    Letra:
    Galiza, onde a choiva é arte
    onde os que teñen paraugas se poñen a cuberto pra que ti teñas que mollarte
    Sabes que en galego temos máis de cen palabras pra denominar a choiva?
    É que ese día o vocabulario estaba de oferta
    Outro día cheo de melancolía
    de risco de acabar con pulmonía
    vaste mollar
    Non sabías onde carallo vivías?
    Pensabas que isto era Andalucía?
    Só te sabes queixar
    Chove en Galiza
    e nalgún sitio máis
    é a noticia que abre os telexornais
    Chove en Galicia
    e nalgún sitio máis
    vou dar a brasa polas redes sociais
    Tiñas plans pra ir de finde divertida
    pero unha cicloxénese explosiva
    vaino estragar
    Marcha a luz na aldea e como alternativa
    só che queda subir á vila
    e buscar algún enchufe ao que te poidas conectar
    Chove en Galiza
    e nalgún sitio máis
    é a noticia que abre os telexornais
    Chove en Galicia
    e nalgún sitio máis
    vou dar a brasa polas redes sociais
    Boa noite, traio o parte, que non enteiro
    cóntolles a predición marítima primeiro
    mar de fondo do noroeste con ondas de cinco a sete metros
    vento do nordés forza sete a sete e medio
    Alerta laranxa no litoral
    refachos que ata cen quilómetros por hora poden acadar
    cota de neve por debaixo dos mil metros
    pra que Feijóo non teña que ir moi lonxe a esnifar
    Ceos nubosos dende primeira hora da mañá
    con precipitacións intensas
    teñan paciencia porque por uns días seguiremos baixo a influencia
    dunha borrasca tropical
    Temperaturas moderadas
    se collen o coche teñan coidado nas estradas
    esta información meteorolóxica foi patrocinada
    por Unión Fenosa, boa noite, deica mañá
    Chove en Galiza
    e nalgún sitio máis
    é a noticia que abre os telexornais
    Chove en Galicia
    e nalgún sitio máis
    vou dar a brasa polas redes sociais
    Galiza Ceive
    Poder Popular
    é o que din tódalas cancións de ska
    Chove, chove, chove
    Chove, chove, chove
    Chove, chove n'O Grove
    Chove, chove, chove
    Chove, chove, chove
    Chove na casa do probe
    Cuando los ángeles lloran
    cuando los ángeles lloran
    chove na Galiza
    Cuando los ángeles lloran
    cuando los ángeles lloran
    Santiago Pemán

Комментарии • 61

  • @ChiakigoreKuiriiyama
    @ChiakigoreKuiriiyama 4 года назад +22

    Cada vez que vén a cicloxénese explosiva a Galiza, póñome este vídeo marabilloso pra poñerlle ritmo á choiva.
    Sodes caralludos, Poetarras! Ogallá voltedes pronto aos escenarios 😊

  • @Sainzdeces
    @Sainzdeces 8 лет назад +93

    Os amo.

  • @sodasfriends
    @sodasfriends 6 лет назад +11

    venezolano, fillo de galegos, despois de escoitaros teño morriña (vivi no baixo miño unos años), graciñas teño un sorriso por vostedes :)

  • @beafernandez7980
    @beafernandez7980 2 месяца назад

    Buscando un tema para poñer neste día tan especial para nos os galegxs, o día da TERRIÑA. Encontrei esta xoia de canción!! Graciñas e feliz día do mellor lugar onde se pode NACER, VIVIR E MORRER!! 🤍💙🤍

  • @alejandrofernandi1317
    @alejandrofernandi1317 7 лет назад +38

    'Galiza ceibe, poder popular, é o que din todas as cancións de skaaaa'
    Jajajaja, genios.

  • @MartaVizcaya
    @MartaVizcaya 8 лет назад +5

    Vaime mal con vos... racho ca risa con cada video!

  • @eracheboa8109
    @eracheboa8109 8 лет назад +15

    Cota de neve por debaixo dos mil metros, dádeslle unha alegría ó frijol

  • @ILPUGA96
    @ILPUGA96 7 лет назад +8

    15 de outubro de 2017. Que falta facía a choiva!

  • @beaeijog
    @beaeijog 7 лет назад +8

    Escoitar esto mentres en Lugo estamos en prealerta por sequía.Algo está a pasar sen que nos demos conta señores

  • @niandra77
    @niandra77 8 лет назад +4

    Moi grandes.

  • @gusgus521
    @gusgus521 8 лет назад +12

    Sodes a pirola
    Grazas polas vosas cancións

  • @diegof.g8502
    @diegof.g8502 8 лет назад +3

    non podo parar de velo, unha cámara mercada no carrefour i tres rapases espabilados , saen estas cousas.

  • @oo-ev7ct
    @oo-ev7ct 4 года назад +4

    like se estás aquí en 2020

  • @jorge_tate6786
    @jorge_tate6786 5 лет назад +8

    Querémola en Spotify meus!!!

  • @jaimadrian
    @jaimadrian 8 лет назад +3

    Despois de baixar o nivel un tempo, volven os velhos Poetarras.

  • @estebanperez1955
    @estebanperez1955 8 лет назад +3

    OS DEUSES DO RAP

  • @ismaelpicoperez7582
    @ismaelpicoperez7582 6 лет назад

    Grandesss!

  • @SportsGraphs
    @SportsGraphs 6 лет назад +1

    Oxalá chovera

  • @pate6968
    @pate6968 6 лет назад

    Son boísimos

  • @txomindonostiberria
    @txomindonostiberria 6 лет назад +1

    Ostias, ze onak!

  • @rechonochono
    @rechonochono 4 года назад +1

    Eu din o tempo na TVG dous anos...votaronme...e eso que sempre acertaba...na terra: chubascos dispersos... e o mar coma sempre...oliñas veñen...oliñas van...

    • @herrerourruela5174
      @herrerourruela5174 4 года назад

      Faille a rosca a Galloso cocodrilo antediluviano e quedas fixo

  • @diegof.g8502
    @diegof.g8502 8 лет назад +1

    xeniais

  • @cesarqueiro2530
    @cesarqueiro2530 7 лет назад +1

    Dende Berna gustameeeee!!!!!!

  • @javierfandino5265
    @javierfandino5265 8 лет назад +5

    Pois a ver se non chove mañá que non me quero ostiar ca moto

  • @alvaren1223
    @alvaren1223 8 лет назад +1

    sodesv os mellores

  • @emiliacisneros7105
    @emiliacisneros7105 7 лет назад +2

    NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA E TI FIXECHES QUE FORA POSIBLE CO TEU BO HUMOR GRACIÑAS YO:79

  • @unclerubo
    @unclerubo 8 лет назад +3

    Putos cracks!

  • @g.m.arrecarallo2016
    @g.m.arrecarallo2016 7 лет назад +2

    Arrecarallo, que vos sodes...

  • @carlosde6
    @carlosde6 8 лет назад +1

    Ola! Poderiádesme dicir os acordes do tema? Moitas grazas e seguide así que sodes xeniais!

    • @Poetarras
      @Poetarras  8 лет назад +18

      Os acordes son:
      Intro: DO, MI, FA, SOL e DO
      Estrofa: DO,Lam, SOL, FA e DO
      Retrouso: DO, MI, FA, SOL e DO
      Parte rap: DO, MI, Lam e FA
      Despois disto repítense os acordes do retrouso ata o final da canción.

  • @elgran9679
    @elgran9679 4 года назад

    ¿pero esto das cicloxenesis, non se chamou sempre mal tempo?

  • @ddiaman7
    @ddiaman7 8 лет назад +2

    Moi boa! Parece que orballa por aqui hahahahahahaha

  • @Nauta99
    @Nauta99 7 лет назад +1

    Acábame de arrichar o carallo. Así volo digo.

  • @13DCM
    @13DCM 8 лет назад +9

    Estoy todo el rato pensando que el caballero de en medio va a pegarme

  • @joseescudero4119
    @joseescudero4119 3 года назад

    Megho na vosa nai, portáivos! Galiza non é nada desas trapalladas artísticas dos teatros. vamos ó pobo coñecernos. Bicos.

  • @andre_di
    @andre_di 6 лет назад +1

    Morriña.

  • @ofrandj
    @ofrandj 8 лет назад

    Chove

  • @Ludvik211
    @Ludvik211 4 года назад

    Chove NA Galiza. En Galiza falam os espanholizados.

  • @manuelotero8569
    @manuelotero8569 8 лет назад

    Haber... Esto é Galicia e chove sempre... Jajaja

  • @manuelferriopombo6311
    @manuelferriopombo6311 4 года назад

    alerta vermello hahha

  • @JP-en7cc
    @JP-en7cc 8 лет назад

    que raro que chova en Galiza jaja

  • @herrerourruela5174
    @herrerourruela5174 4 года назад

    Tomade o antidepresivo e coidado co speed.ala seguir chorando bua bua bua .que marcha tu.

    • @Pablobirthday
      @Pablobirthday 2 года назад

      Realmente estas picado para tener que comentar en todos los videos quejandote de mierdas.

  • @herrerourruela5174
    @herrerourruela5174 4 года назад

    Cambeade ese nome que tedes. e ofensivo . a min mataronme un amigo en Sanse.

    • @Pablobirthday
      @Pablobirthday 2 года назад

      Si no te enteras de nada porque no preguntas un poco antes de hablar? Yo pense que estos tios eran obvios, pero viendo todos tus comentarios esta claro que hay peña lo bastante densa como para no pillarlo...