Pontedeume e comarca. Galiza. 4K

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 18 ноя 2024
  • Na primavera de 2020 as cousas empezaron a torcerse en serio a conta da pandemia e o confinamento. No verán, en previsión de que nos volveran a confinar, comencei acumular imaxes de Pontedeume ca intención de estar entretido editando si chegaba ese momento. Afortunadamente non foi así e os vídeos quedaron almacenados nun disco duro esperando a súa oportunidade. Si ben é certo que coa chegada do 2021 pensábamos que as cousas comenzarían a mellorar, no meu caso concreto non foi tan ben coma esperaba, así que, chegados a este punto, e ca intención de evadirme, decidín botar man dos videos acumulados para intentar construir algo en positivo de todo o que estaba vivindo.
    As imaxes describen un territorio, Pontedeume e algúns espacios de municipios aledaños, vivo, fermoso, veraniego, cargado de esperanza, como me gustaría velo de novo. Como di a sabiduría popular, "nunca choveu que non escampara", e estas alturas xa é hora de que vaia escampando.
    O vídeo en xeral busca conxurar todas as experiencias vividas no último ano e celebrar, co pesimismo da intelixencia, pero tamén co óptimismo da vontade, que a vida continua, e que aquí non se vai a rendir ninguén.
    Espero que vos guste.
    #OrgulloEumés

Комментарии •