Mómaros 2022. Pontedeume. GZ.

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 6 окт 2022
  • 1.091 días pasaron dende que se gardaron os Mómaros en 2019 ata que voltaron saír no 2022. 1.091 días que sacudiron ó mundo e que tamén nos afectaron a nós con moita forza.
    Pero isto é Pontedeume, e 1.091 días despois a xente amoreábase nas portas do concello para ver saír os Mómaros ca mesma ilusión e máis ganas ca nunca, demostrando que neste tempo, a pandemia, a pesares de todos os males que nos inflixiu, como vila, nin nos venceu nin nos dobregou.
    Para min, como para moitos de vós, foi un momento moi emotivo, pero tamén me serviu para reflexionar, rarezas que ten un, sobre como a identidade se convirte nun elemento clave de referencia en tempos de crise, actuando coma un faro que nos ilumina o camiño cando estamos desorientados ou, incluso, como salvavidas a onde aferrarnos para saír a flote.
    Dende a miña perspectiva, puxo de manifesto, unha vez máis, a importancia dos elementos que nos fan ser quen somos e como somos. A lingua , a cultura, a paisaxe e as tradicións propias como cuestións básicas para facer fronte ós problemas e saír airosos nun mundo cada vez máis despersonalizado e alienante.
    E que, como todos sabemos, os mómaros son un deses elementos clave de identidade que definen Pontedeume e nos fan ser quen somos.
    Todas as vilas teñen festas. E algunhas son fantásticas. Pero estas festas cada vez se parecen máis entre si. Calquera vila pode levar á Panorama, en calquera lugar poder haber unha charanga, ou incluso, montarse un botellón. Pero os Mómaros son exclusivos de Pontedeume. Son nosos, son propios. Os Mómaros como festa somos todos nós, como antes foron os nosos maiores, e esperemos que no futuro sexan as nosas crianzas.
    Nunca seremos tan bos coruñeses, madrileños ou neoiorquinos coma os orixinais. Aí non podemos competir. Pero ninguén é Pontedeume como o somos nós. E ser Pontedeume é moito. De feito ser Pontedeume é unha das mellores cousas que unha persoa pode ser no mundo.
    A identidade eumesa constrúese á sombra do torreón e da ponte de ferro. Xogando a rei da cepa en Zopazos, tirándose do murallón, correndo detrás da pelota no convento, padexando no Firrete ou xogando ó fútbol no Eume. A identidade eumesa constrúese indo ó río o último día das festas, subindo e namorándonos en Breamo e por suposto bailando cos Mómaros.
    Eu, como amago de científico social que son, como humilde xeógrafo, son consciente destas cuestións, e así intento transmitilas no meu traballo, pero tamén no meu día a día. E por iso mesmo sei que estes vídeos teñen un gran valor antropolóxico, e que por moito que hoxe nos guste velo, a súa importancia irá incrementándose co paso do tempo.
    Tamén sei que no primeiro ano que gravei os mómaros moitos mirábanme con estrañeza, pero que nos últimos tempos son moitos os que queren aparecer neles. De feito, este ano moitos falastes comigo, co meu fillo, e os máis listos, coa miña muller, para que vos sacara no vídeo. De verdade que fixen o que puiden. O vídeo dura bastante máis que os outros dous, case o dobre, e a maiores saquei dous trailers e case 30 reels en Instagram e Facebook, para que ninguén se quedara sen saír. Así que si non aparecedes non mo tomedes a mal, o máis probable é que cando vos gravei sairades mal nas imaxes, estiverades mal iluminados, desenfocados, non lle dera ó botón de gravar, ou incluso, que non lle sacara a tapa ó obxectivo.
    Para rematar gustaríame agradecer e dedicarlle este traballo a unha serie de persoas.
    1. A todos os que se implican para manter viva esta tradición asumindo responsabilidades xa que sen vós nada de isto sería posible.
    2. A aqueles que traballan para que poidamos desfrutar do patrón, tanto nos servizos públicos como na hostaleira, pero especialmente a aqueles (demasiadas veces aquelas) que quedan na casa traballando para que todo estea perfecto cando se gardan os mómaros.
    3. Para os gaiteiros e os mómaros, polo voso entusiasmo e implicación. É triste saber que aínda hai quen quere facer bo o dito aquel de non ser profeta na vosa terra, (poucos saberán que dez días antes das festas aínda non sabiades se iades tocar). e a pesares diso é impresionante a ilusión, as ganas e o arte que lle poñedes. Sodes auténticos. Non sei si poderei devolvervos toda a axuda e todo o cariño que me ofrecestes.
    4. A toda a xente, que me axudou a facer este traballo máis levadeiro e a todos os que molestei para realizalo. Merecendo Ruper unha mención especial xa que me axudou a mellorar o son do vídeo.
    5. Ó meu amigo Mario, porque ya tu sabes. Aupa o Jato Roxo.
    6. Por suposto a Nuri e a Xavi.
    Espero que vos guste, recomendo que o vexades na tele, ou na pantalla máis grande posible que teñades á vosa disposición, e que llo fagades chegar a todo o mundo, pero non esquezades que isto hai que vivilo en directo e non a través do You Tube.
    Vivan os Mómaros de Pontedeume os seus gaiteiros. E que viva por sempre Pontedeume e as súas xentes.

Комментарии • 23

  • @lashistoriasdeana1847
    @lashistoriasdeana1847 Год назад +6

    Gracias por estos vídeos, haces que pontedeume sea inmortal........ Nunca cambies. Vivan los momaros y tuuuuuuu

  • @enriquesanderodriguez5308
    @enriquesanderodriguez5308 Год назад +4

    Espectacular el sentimiento vilancho que tarsmite

  • @monchovarelaveiga291
    @monchovarelaveiga291 Год назад +3

    Pedazo de vídeo. Sale mi hijo q es un auténtico Vivanco. Xavi eres un auténtico crack. Muchas gracias

    • @quincasdasfervenzas9842
      @quincasdasfervenzas9842  Год назад +1

      O crack é o teu fillo. Dende bebé sempre cos Mómaros e a pandereta na man. El é o futuro.

  • @brunotembras4032
    @brunotembras4032 Год назад

    👏👏👏👏🤘🤘🤘 Crack!

  • @irialamasleira255
    @irialamasleira255 Год назад +3

    Espectacular !! 😍 gracias por tu trabajo y dedicación se nota que lo disfrutas y nos haces disfrutar a nosotros!! A mi que me toca estar detrás de la barra este es mi momento de disfrutar el ambiente de las peras sino no me enteraría de lo que pasa fuera 🙃😂😂 GRACIAS 🥰👏👏👏👏

    • @quincasdasfervenzas9842
      @quincasdasfervenzas9842  Год назад

      Moitísimas grazas, Iria. E grazas por axudarme a grabalo ❤❤❤. Vai por vós.

  • @margalamas3053
    @margalamas3053 Год назад +3

    Moitas grazas.... porque os que estamos lonxe, somos máis Pontedeume que nunca estes días de setembro, añorando a foliada dos Mómaros e a Terra. Grazas polo teu traballo!

    • @quincasdasfervenzas9842
      @quincasdasfervenzas9842  Год назад

      Moitísimas grazas. É reconfortante escoitar algo así e fai que todo o esforzo pague a pena.

  • @kevinlopezmalde
    @kevinlopezmalde Год назад +2

    Increiblessss momaros i gaiteiros lo mas de lo mas

  • @raulroa8999
    @raulroa8999 Год назад +3

    Este no pude estar para vivirlas, pero esto es lo más parecido que puede haber, que artista 🔥

  • @luciasardinaespada2728
    @luciasardinaespada2728 Год назад +3

    Cada año te superas :)
    Mil gracias 😊

  • @antonioramosbenito1441
    @antonioramosbenito1441 Год назад +5

    Xabi, eres un puto CRACK.!!!

  • @republicana4492
    @republicana4492 Год назад +3

    Si no dejas tu like y tu comentario,no eres vilancho 😇🥰🥰🥰