Feiron Medieval dos Andrade 2022. Pontedeume. Galiza
HTML-код
- Опубликовано: 18 ноя 2024
- Eu creo que facíanos falla algo así. Voltar a celebrar todos xuntos coma vila. Exorcizar tódalas pantasmas da pandemia bailando e cantando ó son das gaitas e sacarnos o meigallo. E a boa fe que o fixemos. Foi un fin de semana completo e marabilloso, cun tempo óptimo e ópcións para tódolos gustos. Comemos, bebemos, cantamos, bailamos e como vila fumos felices de novo. Ou polo menos eu foi como o percibín e así intentei dar testemuña neste vídeo.
Sobre a música, supoño que haberá quen se queixe, sempre hai quen se queixa, de que con tantos e tan bos grupos rulando pola vila eses días recurra a esta canción. Hai moitos motivos para facelo. O primeiro é porque quero, porque me peta e me da a gana. O segundo e máis racional é porque creo que a canción representa á perfección o "Zeitgeist", o espíritu da época, o espíritu do momento. Para min a canción expresa iso, que queremos que nos deixen ser felices, que non necesitamos demasiado nin somos avarentos pero si que necesitamos que nos deixen un pouquiño en paz.
Como digo, a música é da Familia Caamagno, que non son de Pontedeume, pero que en Pontedeume xogan na casa. E así tamén aproveito para facer campaña para que os traian a tocar ás festas das Peras, que esa é outra, que como me dixo o meu benquerido Topi o día despois da medieval "xa non falta nada".
O dito, espero que vos guste, que o dsifrutedes e o compartades.
E que viva por sempre Pontedeume e a súa xente.