E ti só ti

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 10 сен 2024
  • Somos 70 rapazas, representamos o 20% do alumnado no noso centro e nacemos todas xa entrado o século XXI. Crémonos independentes, podemos estudar, saír e eliximos libremente con quen nos relacionamos. Pero realmente acadamos a igualdade pola que loitaron as nosas predecesoras?
    Foi a pregunta que quixemos facernos algunhas estudantes e profesoras do IES Álvaro Cunqueiro para ver que motivos nos levaban a unha xornada reivindicativa o 8 de marzo. Na nosa pescuda descubrimos que a igualdade está aínda por conquistar: Constatamos que nas aulas aínda se exercen violencias machistas, que non ocupamos os mesmos espazos cós nosos compañeiros que teñen a maioría das zonas de ocio e marcan os patróns de xogo e deporte que se practican no centro.
    A historia, a ciencia, a literatura que aprendemos nas aulas é maioritariamente de homes, recollida e contada por homes, mentres a de milleiros de mulleres no aparece nos libros de texto. A escola xoga un rol fundamental na nosa formación e constrúe a imaxe do mundo que vemos. Queremos que sexa igualitaria e non sexista.
    Precisamos que se teñan en conta os nosos valores. Así que decidimos crear unha irmandade de #indómitasmulleres para amosar o que somos, compartir o que valemos e difundir a nosa loita, que é á vez, autodefensa.
    Paso N.º 1: Tomar conciencia do que somos
    Paso N.º 2: Decatarnos do que nos diferenza
    Paso Nº3: Avaliar as desigualdades
    Paso N.º 4: Combatelas
    Paso N.º 5: Amosar o que podemos ser
    E como imos facelo? Pois coas ferramentas que manexamos e coas nosas múltiples habilidades, que son moitas: as voces, os xestos (tamén en lingua de signos!) e a nosa capacidade de comunicar diante e detrás dunha pantalla, porque somos a xeración 3.0.
    Queremos que as redes sexan a noso altofalante e que sirvan tamén de punto de encontro e debate con calquera que queira colaborar en facer un mundo máis feminista. Fixemos un vídeo co que amosarvos que… “seremos aquelas que queremos ser, indómitas mulleres, cun puño no ar, e que nós, con vós, o 8 M a terra faremos tremer! Así nolo fixeron crer Sés e El Diluvi e así nos veredes no día da muller.
    Recoñecerédesnos polas rúas porque no pulso lucimos unha cinta violeta que nos identifica e nos protexe das agresións machistas, que nos empodera e nos “sororiza”, concepto que estamos aprendendo.
    Temos #1000motivos para ir á folga o día 8, e deixaremos nas portas das aulas un colgador de papel para que o resto de alumnado e profesorado coñeza as nosas causas. Aquelas que por idade non poidamos saír do centro tamén encheremos as portas e as redes cos nosos motivos, como xa empezamos a facelo.
    Únete a nós, síguenos nas redes, @ies_alvaro_cunqueiro difunde a nosa iniciativa, e se che parece que paga a pena coñecernos ponte en contacto con nós para chegar xuntas máis lonxe. Buscamos ter a máxima difusión, e a ver se conseguimos ser trending topic. A causa ben o merece, e o ensino público ten que ser mostra dun mundo igualitario polo que seguimos tendo que loitar.

Комментарии •