XAVIER BLANCO "Quen poidera namorala"

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 25 окт 2024

Комментарии • 5

  • @manuelferriopombo6311
    @manuelferriopombo6311 4 года назад

    Delilcia hahah

  • @manuelferriopombo6311
    @manuelferriopombo6311 4 года назад

    currupião hahah

  • @escaramujo
    @escaramujo 4 года назад

    E logo ese instrumento que semella tanto a unha guzla cómo se chama?

    • @AlalaTVG
      @AlalaTVG  4 года назад

      Estimada Sigourney. Aquí vai a información sobre a interpretación de Xabier Blanco co "rabelo". Saúdos.
      No bico un cantar nº 7. Son directo na Aula-Museo de Música Tradicional de Moaña. Xavier Blanco explica a súa elección do "Rabelo" para acompañar a peza:
      "O Rabelo é un instrumento de corda frotada que antecede Ó rabel e ó Violino. Foi moi empregado polos trobadores galegos nos anos catapún.
      Luís Emilio Batallán é para moitos de nós o trobador máis conteporaneo da música popular galega. Por isto o Rabelo se presenta ideal para facer a versión raiz desta fermosa cantiga de amor".
      Información sobre Xavier Blanco, Mestre Gaiteiro e artesán de Moaña:
      Xavier Blanco é natural de Moaña, terra do Morrazo. Mestre Gaiteiro e Técnico en Cultura Tradicional do Concello de Moaña, desenvolve e xenera a través da Escola Municipal de Música Tradicional , un valor social que garante a recuperación, mantemento e difusión das tradicións culturais e folclóricas de Galiza.
      Este pastor melancólico dos castros morracenses, herdeiro da sabedoría da saga dos Soledás, leva o nome de Moaña polo mundo adiante, deixando constancia co seu traballo das achegas que o seu pobo leva feito á cultura tradicional galega.
      A súa principal fonte de inspiración son as persoas de máis idade, das que aprende ao tempo que toma a responsabilidade da difusión dos coñecementos dos seus devanceiros.
      Como Mestre Artesán, Xavier Blanco constrúe e restaura tódolos instrumentos tradicionais galegos. Para isto, aplica antigas técnicas de construcción aprendidas da sabedoría popular. Ten recuperado desde un verniz ecolóxico (fabricado dunha maneira totalmente natural) até técnicas de mariñado de madeiras ou aproveitamento de madeiras frutais, todo isto aplicábel no proceso de construcción dos instrumentos.
      Máis información en:
      www.concellodemoana.org/…/ligazons/web_xavier/blanco/

    • @escaramujo
      @escaramujo 4 года назад +1

      @@AlalaTVG Moitísimas gracias pola información. 💕💕💕