Это видео недоступно.
Сожалеем об этом.

🤗 👩‍⚕️ Rumba das apertas - Magín Blanco e o Cole de Cea

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 28 янв 2021
  • 🤗 Non hai mellor receita para se sentir ben que recibir unha aperta. Así entendemos nós a Paz: coidarse, quererse e darse aloumiños. Para todas aquelas persoas que estes días máis precisan unha aperta, aquí vai a nosa. Da man do benquerido Magín Blanco.
    👩‍⚕️ Esta é a nosa versión en imaxes da súa "Rumba das apertas" que apareceu no disco "A nena e o grilo" publicado no 2010. Coas voces do propio Magín Blanco e máis de Guadi Galego, Ugía Pedreira e Uxía Senlle.
    Doutor, doutor, recéiteme apertas,
    xornadas de portas abertas,
    raios de sol de porcelana,
    facer o que me veña en gana.
    E tamén quero unha pandeireta,
    que as miñas mans sexan dúas pombas
    e que repartan aloumiños
    os debuxos que fan as sombras.
    Doutor, doutor, recéiteme apertas,
    xornadas de portas abertas,
    raios de sol de porcelana,
    facer o que me veña en gana.
    Doutor, que teño frío,
    e as apertas non dan chegado;
    meu amor foi lavar ao río
    e o río baixa conxelado.
    Hoxe na lama non hai ninguén,
    andamos todos de etiqueta,
    agás a miña nena da alma,
    que anda a pasear en bicicleta
    por unha illa azul e branca,
    chea de flores e bolboretas,
    onde as cancións toman un folgo
    cando ninguén as interpreta.
    Doutor, doutor, recéiteme apertas,
    xornadas de portas abertas,
    raios de sol de porcelana,
    facer o que me veña en gana.
    //
    O Cole de Cea
    Web: www.coledecea.com/
    Instagram: / coledecea
    Facebook: / coledecea
    Twitter: / coledecea

Комментарии •