Fillas de Cassandra // V. AS MOIRAS (ft Nadie González, Xiana Teixeiro) - Vídeo Oficial

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 22 дек 2022
  • Videoclipe oficial de Fillas de Cassandra (ft Nadie González e Xiana Teixeiro) - V. AS MOIRAS
    Letra:
    Sácate, sácate, sácate sácate bru-bru-bruxa (x4)
    Luz do candil, fío nas mans
    sombras de orballo tecen no serán.
    Donas da morte e do espertar
    danzan coa existencia de aquí para alá.
    Non teñen nome, nin ida(de)
    cargan co peso dunha eternida(de)
    se ollas ao ceo na escurida(de)
    xunto ás estrelas veralas brillar.
    E se na noite ti queres bailar
    xa están as moiras co seu aquelarre
    a túa vida van desenfiar
    acompañadas do seu cantar.
    Acompañadas do seu, acompañadas do seu:
    Sácate, sácate, sácate, sácate bru-bru-bruxa.
    Arríncoche o fío cos dentes
    ou déixocho aquí ben atado
    temos na man tres claveles
    e todos están afiados.
    Arríncoche o fío coas unllas
    e acabo coa sorte do parvo
    piden revancha as amigas
    e o meu cora non é tan brando.
    Medimos coas mans cada paso
    que dás nesta terra, coidado,
    na herba que abonen teus ósos
    hei parir flores do campo.
    Diante de nós pasan todos
    imos curadas de espanto
    deuses, heroes, bandidos
    choran igual mesmo pranto.
    Non teñen nome, nin ida(de)
    cargan co peso dunha eternida(de)
    se ollas ao ceo na escurida(de)
    xunto ás estrelas veralas brillar.
    Non temos nome, nin ida(de)
    cargamos o peso da eternida(de)
    se ollas ao ceo na escurida(de)
    xunto ás estrelas verasnos brillar.
    E se na noite ti queres bailar
    xa están as moiras co seu aquelarre
    a túa vida van desenfiar
    acompañadas do seu cantar.
    Acompañadas do seu cantar, acompa-, acompa-.
    Sácate, sácate, sácate, sácate bru-bru-bruxa.
    Segue a Fillas de Cassandra nas RRSS:
    Instagram: @fillasdecassandra.mp3
    Twitter: @fillasdecassmp3
    Spotify: Fillas de Cassandra
    ℗ 2022 Tremendo Audiovisual
  • ВидеоклипыВидеоклипы

Комментарии • 75