ENTREVISTA | Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática pola obra "As Alumnas"

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 9 фев 2025
  • Paula Carballeira foi a encargada de poñer voz e discurso a Rosa e mais a Elvira, as protagonistas de As Alumnas. Baixo a dirección de Fina Calleja e con Anabell Gago e Mónica Camaño sobre o escenario, no 2022 estreamos este espectáculo de Culturactiva Producións que aínda continúa a darnos alegrías con premios e recoñecementos nas butacas dos teatros.
    O traballo de Paula Carballeira nesta peza converteuse tamén nunha publicación baixo o selo da Editorial Galaxia. Agora, o Ministerio de Cultura e Deporte recoñece a calidade do seu traballo e premia esta homenaxe a todos os mestres e ao modelo de escola laica, libre e dunha pedagoxía avanzada.

Комментарии •