Alalá nº 115: "Regueifa en Bergantiños"- TVG

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 18 сен 2024
  • Alalá nº 115: "Regueifa en Bergantiños"- TVG
    Emisión en Televisión de Galicia: 16 de xuño do 2009
    Lugar: Bergantiños
    Que un veciño faga unha copla meténdose con outro, e que ese outro teña a capacidade de responderlle ó momento con outra copla parecida, pero intentando que sexa aínda mellor, que despois sigan sendo tan amigos e que con esa disputa verbal fagan rir a calquera que estea escoitando é unha verdadeira arte. Niso consiste a regueifa. E os bos regueifeiros son capaces de pasar horas “loitando”. Comezouse a regueifar nas xuntanzas veciñais cando se facían traballos comunitarios: nas fiadas, nas mallas ou nas carretadas. E despois fíxose nas festas, sobre todo nas vodas, nas que se loitaba para acadar un anaco de pan de ovo, azucre e manteiga que se chamaba precisamente regueifa. E se noutrora era moi frecuente que en distintos lugares de Galicia se regueifase, hoxe a penas queda quen saiba facelo. Para atopar alguén o mellor é ir a Bergantiños, comarca que está considerada o berce desta arte. Alí foi onde comezou a facerse como espectáculo aberto ó público e onde houbo maior afección. Pero, hoxe, daqueles mestres da palabra que eran verdadeiros ídolos entre os seus veciños non quedan máis que catro que continúen regueifando: Fermín da Feira Nova, Guillermo da Rabadeira, Suso de Xornes e Antonio de Xornes. Con eles coñeceremos en qué consiste a regueifa e ó mellor somos capaces de aprender algo da técnica destes divertidos combates dialécticos que, segundo eles mesmos din, están en perigo de extinción.

Комментарии • 6

  • @JoseGiraldez-b7m
    @JoseGiraldez-b7m 3 месяца назад +2

    Viva el pueblo gallego trabajador! Y viva este arte popular del pueblo ,que surge de las costumbres de las gentes q trabajan,de los trabajadores,de uno de los pueblos de España más hermosos!! /❤💪

  • @xianardions6851
    @xianardions6851 2 года назад +2

    Este vídeo é unha xoia da tradición galega

  • @amparolema6170
    @amparolema6170 23 дня назад

    😂😂

  • @amparolema6170
    @amparolema6170 23 дня назад

    Como me gusta ser de Bergantiños

  • @amarosampedrolopez7713
    @amarosampedrolopez7713 3 года назад +1

    Vouche dissssiiiier unha coisaaaa
    Esto aqui non rematou
    Vouche inventar unha copla
    A musica a min me criouuuu
    Antes de que marches oitra
    Oitra mais vouche tirar
    Para que quedes sobre seghuro
    E así podas marchar

  • @kyzzbkn
    @kyzzbkn 3 года назад +1

    a