Francisco Conde Soto “Da redención do pasado ao presentismo sen futuro a temporalidade no mesianismo

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 12 сен 2024
  • FRANCISCO CONDE SOTO
    Da redención do pasado ao presentismo sen futuro: a temporalidade no mesianismo de Benjamin e no capitalismo hipermoderno.
    O relatorio desenvolverase en tres etapas. Nunha primeira farase unha análise do concepto de mesianismo no xudaísmo primitivo, distinguindo entre un mesianismo radical e a conversión do xudaísmo en relixión oficial de Estado. Nunha segunda, presentarase a lectura política da temporalidade como mesianismo redentor do pasado que propón Benjamin nas súas Teses sobre a filosofía da historia (1939). Nun terceiro, da man da psicanálise de Jacques Lacan, contraporase esa concepción do tempo ao “presentismo” do capitalismo contemporáneo, entendendo por tal determinada vivencia do tempo en que todo queda reducido ás intensidades, emocións e experiencias presentes acompañado dun horizonte de futuro indefinido.
    CV
    Francisco Conde Soto é licenciado en Filosofía pola USC (2001), doutor en Filosofía pola Universidade de Barcelona cunha tese sobre a conciencia do tempo en Husserl (2007), mestrado en Psicanálise en París VIII (2009) e graduado en Psicoloxía pola UNED (2022). Membro fundador do colectivo Proxecto Derriba para a promoción do pensamento contemporáneo en galego (proxectoderrib.... Foi profesor de ensino secundario e dende 2010 profesor primeiro na facultade de Humanidades en Lugo e logo da facultade de Filosofía en Compostela, posto que desempeña na actualidade. Socio da Escola Lacaniá de Psicanálise (ELP), colabora voluntariamente como psicanalista coa Fundación Terrum no Espazo de atención psicanalítica (terrum.social/) no Barrio de Vite en Compostela.
    É investigador do proxecto de investigación do Instituto de Ciencias humanas e sociais do CSIC “Constelaciones del autoritarismo: memoria y actualidad de una amenaza a la democracia en una perspectiva filosófica e interdisciplina” (2019-2024). Nos últimos anos interésase pola intersección filosofía/psicanálise, con especial atención á posibilidade de renovar o intento da Escola de Frankfurt de vertebrar marxismo e psicanálise para pensar as subxectividades e as sociedades contemporáneas.
    Das súas publicacións cómpre destacar: “Deleuze’s and Guattari’s Body Without Organs and Lacan’s Other Jouissance: Bodies Under Capitalism” (Revista Critical Horizons, 2023). “A Critique of the Concept of Victim Using Lacan´s Psychoanalysis: the Need for Devictimization” (en Philosophy's duty towards social suffering, LIT Verlag), 2021). “O Heidegger o Lacan: la recepción de la filosofía de Heidegger en el psicoanálisis lacaniano” (en Pilar Gilardi, Delmiro Rocha, La apropiación de Heidegger, 2021). “Sociedad y sufrimiento psíquico desde el psicoanálisis freudiano: consecuencias políticas” (en Sufrimiento social y condición de víctima: retos sociales, políticos y éticos, Anthropos, 2021), e “Subject, enjoyment, hegemony: a discussion of Ernesto Laclau’s interpretation of empty signifiers and the real as impossible in Lacanian psychoanalysis” (en revista Continental Philosophy Review, 2020).

Комментарии •