Trevinca2025 26WIN 20250202 06 02 53 Pro

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 9 фев 2025
  • Bos días a todos amigos desde o meu recuncho de Trevinca. Ha uns poucos días tiven o privilexio de asistir a presentación de alguns dos libros do polifacetico persoeiro Armando Gonzalez acompañado por grandes persoaxes da literatura galega e acollidos todos na casa de Curros Enrriquez convertida agora na Casa dos Poetas en Celanova como tampoco podía faltar poñendo o toque musical a velada estaba a maravillosa María do Ceo acompañada pola xenialidade dos seus músicos, pois ven na intervención de Armando fixo mención a anécdota de sapo nun dos mais entrañables poemas de Manuel Curros Enrriquez, que eu hoxe terei a ousadía de poñer voz a
    NOUTURNIO
    Da aldea lexana fumegan as tellas;
    detrás dos petoutos vai póndose o sol;
    retornan prós eidos coa noite as ovellas
    tiscando nas beiras o céspede mol.
    Un vello, arrimado nun pau de sanguiño,
    o monte atravesa de cara ó piñar.
    Vai canso; unha pedra topou no camiño
    e nela sentouse pra folgos tomar.
    -¡Ai! -dixo-, ¡que triste!
    ¡que triste eu estou!
    I on sapo, que oía,
    repuxo: -¡Cro, cro!
    ¡As ánemas tocan!... Tal noite como esta
    queimóuseme a casa, morreume a muller;
    ardeume a xugada na corte, i a besta,
    na terra a semente botouse a perder.
    Vendín prós trabucos bacelos e horas
    e vou polo mundo de entón a pedir;
    mais cando non topo pechadas as portas
    os cans sáienme a elas e fanme fuxir.
    -Canta, sapo, canta;
    ti i eu ¡somos dous!...
    I o sapo, choroso,
    cantaba: -¡Cro, cro!
    Soliños estamos entrambos na terra,
    mais nela un buraco ti alcontras i eu non;
    a ti non te morden os ventos da serra,
    i a min as entranas i os ósos me ron.
    Ti, nado nos montes, nos montes esperas,
    decote cantando, teu térmeno ver;
    eu, nado entre os homes, dormendo entre as feras,
    e morte non acho, si quero morrer.
    -Xa tocan… Recemos
    que dicen q' hay Dios!...
    El reza y-o sapo
    cantaba:-¡Cró, cró!
    A noite cerraba, y-o rayo d'a lua
    n'as lívidas cumes comenza á brilar;
    curisco que tolle n 'os álbores brua
    y-escóitase ó lexos o lobo ouvear.
    O probe d'o vello, c'os anos cangado,
    erguéuse d'a pedra y-o pau recadou;
    viróu par'os ceos o puño pechado
    e car' ós touzáles rosmando marchóu...
    C'os ollos seguíndo-o
    n'a escura extensión,
    o sapo quedóuse
    cantando:-¡Cró, cró!
    Manuel Curros Enríquez

Комментарии •