RUMBA DO GAITEIRIÑO DE ALDÁN

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 8 сен 2024
  • Como explico no vídeo, esta rumba ven a petición dunha amiga gaiteira que a pretende e falando entre os dous dela caíu na conclusión de que falábamos da mesma peza con nomes distintos.
    Esto pode ter unha boa explicación ou non, pero como antes os gaiteiros non andaban nen con partituras nen con grabadoras as cousas iban e viñan sempre de aquela maneira e moitas veces escoitaban unha peza para chegados a casa e fartos de tararear nenla na cabeza se cadra saía o mesmo que escoitabas se cadra saía unha nova peza inspiradda en esa, uns chámanlle roubos e plaxios, eu chámolle cousas da música tradicional oral e da sua riqueza.
    Pois algo semella pasar con esta peza, que se ben podemos coñecela como rumba do gaiteiriño de Aldán tamén coñecemos a primeira parte como de Castrelos a San Pedro.
    En calquera dos casos aquí queda e logo será cada quen o que faga e desfaga con ela e, por suposto, toda información que de un xeito ou outro se sepa pode deixalo en comentarios sen ningún problema, así todos seremos coñecedores das controversias das duas pezas.
    Rumba do Gaiteiriño de Aldán a duo en gaita galega e acompañada de tambor e bombo tradicional para quen lle interesa e para todo aquel que o queira. Aquí queda.

Комментарии • 8