Estatísticas dos accidentes de tractor en Galicia - G112

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 29 авг 2024
  • Hai poucos días unha muller falecía ao ser atropelada por un tractor no concello luccense de Vilalba. Outo home, veciño de Ribeira, falecñía no acto despois de ser arrolado por un tractor cando ía tirar o lixo a un colector. Dúas vítimas mortais no que vai de mese que veñen a engrosar a lista negra de persoas que morren en accidentes relacionados con tractores.
    Maior sorte correron unha veciña de Asados en Rianxo e un veciño de Meira, Lugo. A muller tivo que ser evacuada por un helicóptero tras ser golpeada na cabeza por unha peza metálica do seu tractor mentres o home, de 73 anos de idade, quedou atrapado baixo a cabaina do tractor que conducía.
    Estes incidentes, nos que os afectados superaban na maioría dos casos os 65 anos, son o reflexo dun problema dramático no rural galego: as ferramentas de traballo convertidas en armas mortais.
    En Galicia, o número estimado de tractores é de 132.000 segundo o Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola. Á cabeza estaría a provincia de Lugo, con 44.100 seguido da Coruña e Pontevedra con 42.7000 e 25.200 respectivamente. Por último estaría Ourense cun total de 20.000 máquinas deste tipo. Cifras moi elevadas que nos remiten a datos realmente negativos.
    Aproximadamente 20 persoas morren ao ano por quedar atrapadas en tractores envorcados e máis de 200 resultan feridas neste tipo de accidentes laborais. Cifras alarmantes que aínda resultan moito máis graves xa que o 80% destes incidentes non aparecen nos datos oficiais. En moitas ocasións, as vítimas son rapaces e persoas xubiladas que non entran dentro do réxime agrario, polo que non se consideran accidentes laborais. Moitos máis falecidos aumentan estas fatídicas cifras pero non se rexistran na listaxe oficial por non considerarse dentro dos accidentes propios do traballo.
    O 2013 foi un ano especialmente duro. Máis de 12 persoas faleceron entre abril e agosto, unha media de 3 mortes ao mes que na maioría dos casos foi producida por aplastamento.
    Analizados os datos e as causa só queda coñecer cales son as medidas que hai que levar a cabo para que os tractores deixen de enterrar ao rural galego.

Комментарии •