Sheila Patricia & Gabi Reboredo - Himno de Galicia (Directo no Parlamento de Galicia)

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 11 фев 2025
  • Himno de Galicia ✨🎶
    Foi sumamente emocionante cantar o meu himno na entrega de medallas do Parlamento de Galicia. Grazas amigo Gabi Reboredo por acompañarme nesta fermosa aventura e a Agus Sánchez polo arranxo musical ✨ Agardo que todas e todos vós o disfrutedes e vos emocionedes coma nós. Unha aperta enorme ❤️ SP
    LETRA:
    Que din os rumorosos
    Na costa verdecente
    Ao raio transparente
    Do prácido luar?
    Que din as altas copas
    De escuro arume arpado
    Co seu ben compasado
    Monótono fungar?
    Do teu verdor cinguido
    E de benignos astros
    Confín dos verdes castros
    E valeroso chan
    Non des a esquecemento
    Da inxuria o rudo encono
    Desperta do teu sono
    Fogar de Breogán
    Os bos e xenerosos
    A nosa voz entenden
    E con arroubo atenden
    O noso ronco son
    Máis sóo os iñorantes
    E féridos e duros
    Imbéciles e escuros
    Non nos entenden, non
    Os tempos son chegados
    Dos bardos das edades
    Que as vosas vaguedades
    Cumprido fin terán
    Pois, donde quer, xigante
    A nosa voz pregoa
    A redenzón da boa
    Nazón de Breogán
    Music: Agus Sánchez
    #SheilaPatricia #GabiReboredo #HimnoDeGalicia #OsPinos #EduardoPondal #EnGalego #MúsicaEnDirecto #Directo #Live #Parlamento #Galicia #ParlamentoDeGalicia #XuntaDeGalicia #Galega #Galego #Himno #Breogán #SantiagoDeCompostela #FogarDeBreogán

Комментарии • 17