Entre dúas terras 1x10 - Nostalxia porca

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 11 окт 2024
  • Hoxe falamos de historia, hoxe falamos do Xabarín Club, o programa infantil cheo de series míticas que os rapaces e rapazas de Galicia compartiamos con un bo bocata de nosilla. Repasamos as cancións máis míticas do programa. Comentade cales son as vosas favoritas!

Комментарии • 8

  • @soniamartinez4377
    @soniamartinez4377 4 месяца назад +1

    Nostalxia nivel máximo. Faltaron algunhas cancións, tipo Carmiña Vacaloura, a de Eu quero xamón ou a de Non teño diñeiro que eran das miñas favoritas. Tamen estaba a canción de Capitán Araña que era de Def con Dos, e as de Manquiña tamén eran míticas.
    Necesitamos un programa sobre Heredeiros da Crus, ou polo menos dos grupos de rock do Barbanza.

    • @Entreduasterras
      @Entreduasterras  4 месяца назад

      Si, daba pa unha tempada enteira 🤣. Tomamos nota do dos grupos do Barbanza, tema que nos atañe bastante.

  • @yeniferordonezlaino5048
    @yeniferordonezlaino5048 4 месяца назад +1

    Ser socio era gratuito! E me da que moitas personas se sentiron decepcionadas de non sair nas fotos cando cumprían anos, sobre todo despois de pasarte a tarde emocionada esperando a ver a foto (non direi que eu fun unha delas...). De feito ao principio aínda che enviaban incluso postales cos cumpreanos. E aos 18 fora sin máis. Eu cheguei a ter dous carnets distintos do xabarín que aínda teño. E por certo, actualmente podes facerte socio (si eres menor), participar en sorteos e conseguir un montón de agasallos (mochilas, sudadeiras, calcetíns, pins, etcétera).

    • @Entreduasterras
      @Entreduasterras  4 месяца назад

      Qué mal esperar saír e que non che publiquen sendo socio/a aínda por riba! O que non sabiamos é que aínda se pode facer socio do Xabarín, e menos que dan todos eses agasallos! Gracias polo aporte ☺️

  • @JOKERGRO
    @JOKERGRO 4 месяца назад +1

    Outra das míticas era "Carmiña vacaloura"

  • @JOKERGRO
    @JOKERGRO 4 месяца назад +1

    Pero nn lle puxéstedes o título que dixéstedes!!! 🤣🤣

    • @Entreduasterras
      @Entreduasterras  4 месяца назад

      Certo, correxido!! É o que ten telos gravados con antelación 🤣. Gracias!