ASTON VILLA - CELTA, Copa da UEFA 1998-99. 1/16 Final, Volta. Partido completo.

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 12 май 2024
  • Primeira gran noite europea da Historia do Celta. Ó Celta tocáralle en sorte o Aston Villa, líder da liga inglesa. No partido de ida, xogado en Balaídos, o equipo de Birmingham saíra con vida. Aguantou como puido o vendaval ofensivo celeste e cazou a única contra que tivo para facer o gol do partido. Pero o fútbol redimiría ó Celta dúas semanas despois, agasallándoo coa súa noite máis especial.
    Aínda que, realmente, foi ó revés. Foi o Celta quen agasallou ó fútbol aquel terceiro de novembro no mítico Villa Park de Birmingham. Enfronte estaba o líder da Premier League, e o resultado da ida era desfavorable. Mais o Celta rebordaba ilusión por todos os costados. Ilusión e confianza. Estaba exultante. Fora tan superior ós ingleses en Vigo, fora tan superior a todos e cada un dos rivais ós que se enfrontara en todo o ano, que o convencemento era absoluto en que se podía e se habería pasar a eliminatoria. Ó remate do adestramento a véspera do choque, a Mostovoi preguntáronlle por dous xogadores viláns sobre os que o seu adestrador dubidaba aliñar. “Pero quén son eses Thompson e Taylor?”, respondía fachendoso o ruso.
  • СпортСпорт

Комментарии •