O Barrio de Cascallá (Rubiá, Ourense)

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 21 окт 2024
  • Preséntoche unha aldea que é montaña e illa a un tempo. Na primavera florecen as carpaciñas, as carqueixas, as xestas, os piornos. Orquídeas hai tantas que ata falan de endemismos. Medra o ourego, o tomiño, os cardos, as estripeiras. Arborescen as sobreiras, os salgueiros e as aciñeiras. Tantas aciñeiras! Eu namorei dun neno para quen todas as árbores eran castiñeiros. E agora é tempo de castañas.
    Foi aldea axitada, viva, mais hoxe o silenzo busca acubillo baixo as pedras. Ten o sosego, a quietude, a calma de aquel mar que sinto ao seu redor, tan lonxe da salitre. O alento enche os pulmóns e a vida. Faime recordar cousas que nunca vivín. Non se me ocorre lugar mellor para recibir cartas, durmindo no colo duns chopos pandos.

Комментарии • 1

  • @jorgetase4033
    @jorgetase4033 5 месяцев назад +1

    Mi bisabuelo era de ahí yo soy de Cuba , y sueno con algún día poder visitar ese hermoso lugar . Dios mediante