Alalá nº 60 Músicas Completas de "José Marentes" - TVG

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 7 сен 2024
  • MUSICAS COMPLETAS DE JOSÉ MARENTES- ALALA 60
    Jose Marentes vivía en Santa Xuliana, na Fonsagrada, o concello máis grande de Galicia pero tamén un dos máis despoboados. O illamento natural, a falta de recursos económicos e a forte emigración foi deixando as aldeas de Fonsagrada con moi poucos veciños. Aldeas coma ésta, Santa Xuliana, na que coñecimos a un home que sempre viviu do campo e da facenda, que tamén experimentou a emigración, pero que era coñecido en toda a comarca por ser un deses gaiteiros que te deixan coa boca aberta. Tiña 74 anos cando gravamos o programa e decían que facía uns picados, uns adornos e uns silencios coa gaita inimitables. Nestas pezas completas de Alalá poderedes ver e escoitar ó gran José Marentes, que foi un dos mellores gaiteiros de Galicia.
    (do texto de presentación do programa Alala 60 adicado a José Marentes)
    Ver programa (Alala 60) na sección "Máis a carta" da web da CRTVG
    85.91.64.21/reproductor/inicio.asp?canal=tele&hora=21%3A39%3A45&fecha=08%2F01%2F2008&arquivo=1&programa=ALAL%C1&id_programa=7&corte=0&mp4=0&medio

Комментарии • 11