Mondra - AGHRÚuU (Videoclip oficial)

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 21 окт 2024
  • "AGHRÚuU" é a expresión poética do desexo e a liberdade sexuais, a través dunha experiencia musical, visual e performativa. Con el, Mondra racha co tabú sociosexual galego e convida á reflexión sobre como se configuran o propio pracer e as relacións afectivo-sexuais. 💜🌕
    🌹 · CRÉDITOS · 🌹
    Dirección, guión, dirección de arte e produción: Martín Mondragón
    Dirección de produción e axudantía de dirección: Adela Otero (AVOA Producións)
    Dirección de fotografía e cor: Miguel Gomar
    Operador de cámara: Daniel Díaz (60 Ráfagas)
    Axudantía de produción e script: Aida Raíndo
    Arte e estilismo: Adriana Lado
    Maquillaxe e arte: María Ferradás
    Coreografía: Daniel Rodríguez, Fran Sieira
    Auxiliar de arte: MUNDO X
    Montaxe: Diego Bea
    Iluminación e foto fixa: Aitor Ramos
    Son: Xandre Táboas
    Auxiliar de produción e foto fixa: Bea Villar
    Composición musical e letra: Tradicional, Martín Mondragón
    Produción musical: Juanjo Abella, Martín Mondragón
    Arranxo: Martín Mondragón, Pablo Ferradás, Juanjo Abella
    Mestura: Juanjo Abella, Diego Bea Besada
    Masterización: Diego Bea Besada Estudios
    Elenco: Chus Sánchez, Josefina Raposo, Julio Cores
    Bailadores/as (Fran Sieira, compañía de danza): Fran Sieira, Artur Puga, André Adrio, Cris Canosa, Patricia Sánchez, María Montero
    Figuración: Loaira Sánchez, Luis Pérez, Julia Sánchez-Biezma, Helena González, Maritza Ruan, Iago Díaz, Josep Cabo, María Carballal
    💜 Agradecementos: Garaxeland, Fran Sieira Compañía de danza, Pablo Ferradás, Sanín Percusión Tradicional, Mari Carmen Rivadulla, Fernando Seijas e Mercedes Landeira, Mari Carmen Loureiro e Manolo Cajaraville, C.C. A Ponte Vella, Guillerme Costa, Isaac Millán, Fidel Vázquez, Bea García, A. Sotelino Losada, Diego Otero, Manolo Fidalgo, Reyes Abad e Manuela Boullosa, Persoal de cafetaría e limpeza da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, Seteportas-Altair, Lola Caamaño, Raquel Gestido, A Soqueira do Petín, Filamento Iluminación, A Xuntanza Asociación Veciñal.
    🌹 · LETRA · 🌹
    Meniño, vai preparando
    Pra probar o que aforrei,
    Que dentro de catro días
    Has catar o que ghardei-e
    Ailalalalalala ailalalalalalala-la
    Meniño d'ollos castaños,
    De ti eu quedei prendado
    Se has de escribirme esta noite,
    Estarei lá de contado
    Meniño de bico estreito,
    O quererte é fantasía
    O compartirme contigho,
    Unha ghrande reghalía
    Meniño, hei d'aghruare,
    Aghruar hei d'aghruare,
    Ou por riba ou por baixo
    Ou por antre dous ghaláns-e
    Ailalala ailala ailalalalalalala
    Fodes e fodes, non me preguntas,
    Así non bebo da túa cunca
    Durmo contigho hoxe no palleiro,
    Se non me vende-lo meu tabaqueiro
    E se mo vendes e mo empeñas,
    Á miña casa non quero que veñas
    OLÉ OLÉ OLÉ, o que non teña cama rediós que durma no suelo
    OLÉ-LE OLÉ-LE AILARALALA
    OLÉ-LE OLÉ-LE LALA
    OLÉ-LE OLÉ-LE AILARALALA
    OLÉ-LE OLÉ-LE
    Chamáronme medio home,
    Chamáronmo sen razón,
    Chamáronme medio home
    Só por ser eu maricón
    Por seren ricos coidaron
    Que xa me tiñan no colo
    Ghústame a min bo bocado,
    Non depende do piro**
    Ailalala ailala ailalalalalalala
    Fodes e fodes, non me preguntas,
    Así non bebo da túa cunca
    Durmo contigho hoxe no palleiro,
    Se non me vende-lo meu tabaqueiro
    E se mo vendes e mo empeñas,
    Á miña casa non quero que veñas
    OLÉ OLÉ OLÉ, o que non teña cama rediós que durma no suelo
    OLÉ-LE OLÉ-LE AILARALALA
    OLÉ-LE OLÉ-LE LALA
    OLÉ-LE OLÉ-LE AILARALALA
    OLÉ-LE OLÉ-LE
    Deum'a vida boa fortuna
    Por ter quen me queira ben
    Sexa muller, sexa home,
    Antre as pallas tanto ten
    Ailalalalalalala
    Fodes e fodes, non me preguntas,
    Así non bebo da túa cunca
    É que non queres, é que non sabes,
    É que che faltan as habilidades
    Saca d'aí e seica toleas?
    Á miña casa non quero que veñas
    OLÉ OLÉ OLÉ, o que non teña cama rediós que durma no suelo
    Bótalle ghas e bótalle aceite
    Ás doce da noite pra que a ola che deite
    Se me pretendes e me desexas,
    Eu non me vendo por catro pesetas
    Saca d'aí e seica toleas?
    Daquela marcho sen que hoxe mo deas
    OLÉ OLÉ OLÉ, o que non teña cama rediós que durma no suelo
    🌹 AGHRÚuUUUUUUUUUUUUUUU 🌹

Комментарии • 47