De Burela ós pogos no OSA DO MAR | O Faiado Podcast ESPECIAL

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 27 сен 2024
  • Despois de perdernos, ir ata Betanzos, que chovese por nós e pagar peaxes de máis, chegamos a Burela. Pero a travesía mereceu a pena porque na mariña lucense esperábanos o Osa do Mar (aínda non temos claro se é unha osa serea ou non). Alí falamos con Antonina de Cangas, Deli (unha das redeiras homenaxeadas), Futuro Alcalde e Noel Turbulencias. Que gusto encherse e falar de tantas cousas en Burela!
    🔔 Fai clic na campá para non perderte ningún episodio! 🔔
    Podes seguirnos en redes sociais!
    ➭ Instagram • @faiadopodcast
    ➭ TikTok • @faiadopodcast
    ➭ Spotify • O Faiado Podcast
    #youtubeiras
    ・・・・・
    Quen somos?
    Este Faiado non é o que se atopa na parte máis alta das vosas casas, non. Para subir ao noso faiado, só hai que escoitar todas as conversas que gardamos con moita ilusión para vós. Unha vez dentro, atoparedes o último dos podcasts galegos (e en galego).
    Pero, de que imos falar no Faiado? Os temas van ir cambiando en cada episodio, porque aquí somos fans do caos que, ademais, caracteriza aos faiados (quizais cun chisco máis de orde, esperemos).
    Maioritariamente, serán cuestións relacionadas coa cultura pop, a cultura galega e outras de índole social, que pasan máis desapercibidas nos medios de comunicación. Contaremos con persoas convidadas para crear un espazo no que debater, reflexionar e, por suposto, botar unhas boas risas.

Комментарии •