DAKIDARRÍA - Somos Nós (Lyric Video)

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 21 окт 2024
  • Tercer sinxelo de "Colaxe", o novo disco de Dakidarría. Dispoñible o 25 de Febreiro 2022
    Gravación de Audio: Planta Sónica Estudios (Vigo) e A Carpintería Recording Studios (Nigrán)
    Mistura e Mastering: Alber Castro (Santa Cruz Recording Studios)
    Coa colaboración de:
    Pedro Fariñas (Caldo) - Gaita
    Juanan (Malos Vicios) - Guitarra
    Iolanda Perez - Aturuxo
    Toje e Carlos (Xente tóxica), Breo e Nestor (Seitura) e Lele (Guerrilla antifascista) - Coros
    Realizado por Miguel Duarte
    Gráficas de Miguel Duarte
    PARTE DA METRAXE EMPREGADA FOI EXTRAÍDA DE:
    Talleres Alonarti
    Sociedad La Artística Ltda. (José Gil,1928)
    Porriño en Buenos Aires (Eligio González, 1942)
    Un viaje por Galicia (Manuel Arís, 1958)
    Cargas policiais na manife contra o desaloxo do CSOA Escárnio e Maldizer,
    XIII Marcha ás cadeas pola liberdade dos presos independentistas
    Concentración en repulsa da agresión fascista no CS A Revolta
    Concentración pola absolución de Chema Naia diante dos xulgados de Fontiñas (Galiza Contrainfo, 2017, 2019, 2021)
    AGRADECEMENTOS: CGAI, GALIZA CONTRAINFO
    Management: Iván de la Mata
    elgarajeproduc...
    LETRA (adaptada dos poemas “Galicia” e “A fala” de Manuel Maria)
    Galiza docemente está ollando o mar,
    ten vales e montañas e terras para labrar,
    ten portos mariñeiros, cidades e labregos
    cargados de traballos e de trafegos.
    A nosa terra nai, velliña e soñadora,
    na voz da gaita rise, na voz da gaita chora.
    Non só é o que vemos, a terra o mar e o vento…
    hai outra Galiza no sentimento!
    O compromiso da nosa xente,
    o patrimonio do noso pobo,
    maxicamente vello, eternamente novo.
    A lingua é a forza que nos xungue e nos sostén
    e se a perdemos non seremos ninguén.
    Renunciar aos principios é ser mudo e morrer,
    precisamos de ti se queremos vencer.
    Galiza somos nós, o latexo, a liberdade,
    a fonte da que agroma a máis forte irmandade.
    Galiza somos nós, o pobo e máis a fala,
    o lume que alampea nas barricadas.
    Galiza son as presas e a solidariedade,
    un pobo en busca da súa liberdade.
    Galiza somos nós, o pobo e máis a fala,
    a nosa terra nai!
    Galiza somos nós, o latexo, a liberdade,
    a terra, o mar e o vento…
    Hai outra Galiza no sentimento!
    #dakidarria #somosnos #lyricvideo

Комментарии • 12

  • @michugoasgo6775
    @michugoasgo6775 2 года назад +2

    bueno bueno puxoseme a pel de galiña,que bela canzon que se crava no corazon

  • @xaviergoasbasanta9382
    @xaviergoasbasanta9382 2 года назад +1

    bon bon bon😱quedouseme a pel de galiña con esta canzon cravada no meu corazón, sodes grandes MEUS!!

  • @manu_pantera666
    @manu_pantera666 2 года назад +5

    Grandes 🤘🏽🤘🏽💪🏽💪🏽💪🏽💪🏽 GALIZA CEIBE ❤️❤️❤️

  • @_miguelduarte
    @_miguelduarte 2 года назад +4

    🔥🔥🔥

  • @joselitomiranda-editoraartner
    @joselitomiranda-editoraartner 2 года назад +9

    "Hai outra Galiza do sentimento". É disso que estamos falando. Por mais galego, a nossa fala!
    "Galiza somos nós" "O pobo e mais a fala". "Um pobo em busca da sua liberdade". Sempre e cada vez mais galego.

  • @alexandracomesanabarros3564
    @alexandracomesanabarros3564 2 года назад +4

    Tremendos 🙌🙌

  • @FortyFive45S
    @FortyFive45S 2 года назад +5

    Sodes uns cracks!! Lume carallo

  • @pidrogalego
    @pidrogalego 2 года назад +1

    Gosto muito deste tema ✊💜💙💚💞

  • @mariadelcarmenmartinezgarc4490
    @mariadelcarmenmartinezgarc4490 2 года назад +3

    Brutales!!!!

  • @kangre99
    @kangre99 2 года назад +2

    🤟👌👍

  • @MaikaDomgezSoto
    @MaikaDomgezSoto 2 года назад +1

    Pa diante sempre. Viva Dakidarria!

  • @mariadelcarmenmartinezgarc4490
    @mariadelcarmenmartinezgarc4490 2 года назад +3

    A miña xente que me enseñou os valores que teñon