02. A festa da pandeira: Celebrando a recuperación dun instrumento [Axudádeme a cantar]

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 4 фев 2025
  • Neste vídeo visitamos a Festa da Pandeira de Piornedo, un evento que reúne tocadoras tradicionais con novas xeracións de músicos e outras persoas que acoden a esta xuntanza anual, con ganas de aprender e gozar deste instrumento. Cunha presenza especialmente importante nas zonas montañesas da serra dos Ancares - situada en comarcas galegas, asturianas e leonesas - a música acompañada pola pandeira une a tradición de Galicia con comunidades limítrofes. Hoxe en día, goza dun impulso de recuperación e revitalización grazas a esta festa, que se celebra en agosto dende 2006. Escoitamos a dúas tocadoras tradicionais, Inés de Naipes e Amparo Voces, e dúas das impulsoras destes procesos de produción e reprodución artística, Isolina Rodríguez e Carolina Vázquez. Estas catro mulleres tocan, cantan e comparten as súas experiencias acompañadas polo fermoso fondo da vila de Piornedo, nunha festa entre pallozas e montañas.
    Web
    consellodacultu...

Комментарии • 1

  • @paquinhobarreiros4799
    @paquinhobarreiros4799 2 года назад

    Ola Boas,
    Non sei se alguén me podría pasar toda a letra na que canta Carolina Vázquez unha canción recollida de Esperanza de Balouta:
    A canción comeza así:
    "Este pandeiro que toco ha de ser con condición
    que lo tuyo ha de ser mío y lo mío tuyo no,
    Ahora si que va el baile,
    el baile tomando cuerpo
    porque lo bailamos mocitos
    mocitos de fundamiento
    Ahora si que va el baile,
    el baile tomando cuerpo"
    É simplemente porque me mola e gustaríame aprender a canción e é para tocar ca pandeira que acabo de comprar :)
    Gracias e bo día a todas e a todos