Это видео недоступно.
Сожалеем об этом.

MAGIN BLANCO - MARCHO QUE TEÑO QUE MARCHAR (CLIP OFICIAL)

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 14 авг 2024
  • Non hai mellor canción para animarse a ir ó cole que MARCHO QUE TEÑO QUE MARCHAR, un gran tema dun dos mellores compositores da escena galega: MAGIN BLANCO. Esta canción vaise incluir no seu novo libro/disco que se publicará no outono de 2017 e que se vai titular CAMIÑOS. Mentres tanto a disfrutar de MARCHO QUE TEÑO QUE MARCHAR...
    Animación e video clip: LUZ BELOSO
    As voces dos nenos son de:
    CPI Mestre Manuel Padín Truiteiro.
    5º de Primaria. Curso 2016/2017:
    Mestra: Ana María Domínguez Senlle
    Alumn@s:
    Xabier Vázquez Carabelos
    Antía Soñora Díz
    Carmen López Puertas
    Carolina Lois Andrés
    Zaida Leiro Otero
    Santiago Cunqueiro Blanco
    Clara Bernárdez Suárez
    Míriam Martínez Lorenzo
    Noa Otero Lorenzo
    Ana Pardal Costa
    Daniela Poceiro Rosendo
    Joel Reguera Fernández
    Mia Sofia Wan Zalimy
    Manuela Candamo Martínez
    Breixo Blanco Maceira
    Inés Velasco Cores
    Carla Lombar García

Комментарии • 12

  • @emiliajimenez199
    @emiliajimenez199 6 лет назад +6

    Soy andaluza, pero le tengo mucho cariño a Galicia. Esta canción me enternece fuertemente. Es una maravilla que merece reconocimiento nacional

  • @amancioisla3407
    @amancioisla3407 6 лет назад +1

    un crack. un encanto. unha pasada. da gusto escoitar a Magín.

  • @saladinagrande7061
    @saladinagrande7061 4 года назад +1

    Hola 👋 Moy Ben e Unha das miñas cancions favoritas

  • @jugandoconzeltia
    @jugandoconzeltia 3 года назад

    Es súper chuli la canción en mi cole la escuchamos siempre

  • @XeoClip
    @XeoClip 7 лет назад +3

    Outro temazo! Parabéns a compositor e ilustradora!

  • @manelpbarbeito
    @manelpbarbeito 7 лет назад +3

    Vai a letra, por se alguén lle apetece utilizala ou enmedar as posibles grallas. A canción creo, é fantástica. (Parabéns a Magín)
    ...
    Un raíño de sol venme saudar
    Entra na niña habitación, como cada mañá
    Sobe polas paredes e comeza xogar
    Coma se de algo me quixera avisar
    Cantan os paxariños, que contentos están
    Eu esperto amodiño, vou erguéndome xa
    Miro pola xanela, xa está amencer
    No ceo non hai nubes, hoxe non vai chover
    Un, dous, tres, comézome a mover
    Un, dous, tres, que teño que facer
    Un, dous, tres, todo vai comezar
    Un, dous, tres, tereime que lavar
    Auga e xabón, lavo as orellas
    Auga e xabón, pícame nos ollos
    Auga e xabón, lavo a cabeza
    Auga e xabón, non teño piollos
    Coloco as miñas cousas, antes de almorzar
    e deixo preparado, o que teño que levar
    Na miña mochiliña, todo cabe ben
    Libretas, libros, bolis e sorrisos tamén
    Pero agora, marcho que teño que marchar, chau
    marcho que teño que marchar, chau, chau
    marcho que teño que marchar, chau papá
    marcho que teño que marchar, chau
    marcho que teño que marchar, chau, chau
    marcho que teño que marchar, chau mamá
    marcho que teño que marchar
    marcho que teño que marchar
    Vou camiñando cara o cole, a bo ritmo pola beirarrúa
    Entre o ir e vir dos coches
    E toda a xente que madruga
    Pasa o carteiro co carriño amarelo
    Vai de azul, a garda municipal
    Chega de branco, o panadeiro
    E unha señora pasea o seu can
    O homiño do semáforo, está vermello
    Aínda non podemos pasar
    Temos que agardar que se poña verde
    Preparados, listos, xa
    Entón, escoito o meu nome
    Quen me chamará?
    E vexo o meu pai ao lonxe
    Cando miro cara atrás
    Que me quererá, que me quererá? (4)
    Seguro que esquecín algo
    Que será, será, será
    Vai ser aquela cousa
    Que trae na súa man, papá
    Cando chega ata min, dime:
    Que cabeciña! mira o que esqueciches enriba da mesa da cociña
    E doulle un bico, agradecido
    Namentres el me achega o bocadillo
    Ten café no seu nariz
    Entón, eu vólvolle dicir:
    marcho que teño que marchar, chau
    marcho que teño que marchar, chau, chau
    marcho que teño que marchar, chau papá
    marcho que teño que marchar, chau, chau
    marcho que teño que marchar, chau
    marcho que teño que marchar, chau, chau
    marcho que teño que marchar, chau
    marcho que teño que marchar
    Imos cara o cole
    Imos amodiño
    En bus, en coche ou, pasiño a pasiño
    Imos cara o cole
    Imos de camiño
    En bus, en coche ou, pasiño a pasiño
    Un, dous, tres, sígome a mover
    Un, dous, tres, que teño que facer
    Un, dous, tres, todo vai comezar
    Un, dous, tres, xa estamos a chegar
    Un, dous, tres, sígome a mover
    Un, dous, tres, que teño que facer
    Un, dous, tres, todo vai comezar
    Un, dous, tres, xa estamos a chegar
    Imos cara o cole
    Imos amodiño
    En bus, en coche ou, pasiño a pasiño
    Imos cara o cole
    Imos de camiño
    En bus, en coche ou, pasiño a pasiño
    marcho que teño que marchar (8)
    marcho que teño que marchar (4)

  • @JuanManuel-zb4ro
    @JuanManuel-zb4ro 6 лет назад +1

    Xenial !

  • @ceibelibre
    @ceibelibre 7 лет назад

    Buenisima

  • @dmoreb
    @dmoreb 6 лет назад +1

    Saladfingers al lado de esto se queda en pocoyo