COSTA DA MORTE, O LOBO: O lobo no verán

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 7 ноя 2024
  • Hoxe presentase outro capitulo do lobo da Costa da Morte, o referido ao verán. Foi previsualizado na Semana Cultural 2021do IES Agra de Raíces de Cee. Asi mesmo faise un acercamento a outra fauna desta terra do NO penínsular. O corvo mariño cristado, o falcón peregrino, o rabirrubio tizón, a píllara papuda, o miñato, o azor, o gabián, son os “teloneros” deste video adicado a vida do lobo na época máis calurosa do ano e por tanto a de maior intensidade turística. Fauna adaptada e persoas respectuosas co medio ambiente. Pero o protagonista é unha vez máis neste canle de De Re Naturae, o lobo. O derradeiro grande carnívoro dos nosos montes mostranos a faceta máis sensible e familiar da manda, a dos lobetos. Grazas a esa faceta social dos lobos, veremos como todo o grupo lobuno traballa para sacar adiante aos novos membros. Unha vez máis na Costa da Morte o ciclo da vida repítese como mostra da supervivencia dunha especie maldita por uns e admirada por outros.
    Nesta ocasión De Re Naturae no seo canle de RUclips, presenta unha versión en galego e outra en castelán. Foi unha demanda solicitada tras a publicación do anterior video de “COSTA DA MORTE, EL LOBO: LA PRIMAVERA DEL LOBO”. Para elo contouse cos consellos lingüísticos de Norbeto País Redonda, a quen se agradece o seu esforzo e adicación.
    Tamen resaltar que o video vai adicado a tres mulleres que participaron nas xornadas de observación dos lobetos, elas son unhas persoas entrañables para o autor, Elbita, Carla e Helia. Elba Castro Rodríguez descubriu os segredos ocultos da terra que a viu nacer cando por primeira vez observou os lobetos dunha manda veciña. A ela un gran recordo in memoria. Carla e Helia son parte da miña manda, do meu grupo familiar, as que me atrevín a levar ao campo para impregnarlas da fauna orixinaria que non é doado ver.
    Espero que con este novo video gocedes de momentos inesquecibles da vida íntima do lobo da Costa da Morte.

Комментарии •