Día de Rosalía - A Estrada 2024 - Un pelouro que roda - A Banda da Loba

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 15 янв 2025
  • No ano 1880 publicouse 'Follas Novas'. Neste poemario, Rosalía de Castro incluíu un poema no que a imaxe dun "Pelouro que roda" representa a súa idea do desexo e o pracer, dando mostra do avanzado do seu pensamento para a época na que viviu.
    Non foi ata o ano 1965 que Bob Dylan estreou o seu coñecido tema "Like a Rolling Stone" (outra pedra que roda), que ademais deu nome a unha das bandas de rock máis icónica de todos os tempos.
    Foi ou non foi Rosalía unha auténtica visionaria?
    Este videoclip foi posible grazas ao talento creativo de A Banda da Loba e a animosa colaboración dos centros de primaria estradenses. Grazas a todos e todas pola vosa implicación!
    Letra: Rosalía de Castro
    Música: A banda da Loba
    Arranxo da sección de ventos: Adrián Real
    Sección de ventos: Adrián Real (trompeta), Lara Porto (saxofón alto), Diego Suárez (saxofón tenor), Cristóbal Fernández (trombón).
    Gravación e masterización: Arturo Vaquero (Abrigueiro Estudios)
    Realizado por Lucas Terceiro e producido por Paula Cereixo (Tres Insuas Audiovisuais)
    UN PELOURO QUE RODA (Follas Novas, 1880)
    Dou encomezo pensando,
    Despois, gustoulle pensar;
    E deste gusto o deseio
    A toda présa se vai.
    E decote descendendo,
    Descendendo sin parar,
    Desde o deseio ó pecado
    A toda présa se vai.

Комментарии •