MONASTERIO DE MONFERO

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 3 апр 2008
  • O primeiro que chama a atención o chegar o mosteiro de Monfero é a igrexa ca sua orixinal fachada barroca. Construíuse dende 1622 a 1656 e ten unha soa e ampla nave con planta de cruz latina. A fachada destaca polo axedrezado dos sillares, alternando os de granito cos de pizarra.
    Catro enormes columnas e dous pilastras con capiteles corintios se elevan hata a cornisa superior, sobre a que sólo se alza, sin terminar, unha das duas proxectadas torres. Nas duas hornacinas dos intercolumnios aparecen sendas figuras femias que podrían ser a de unha raíña, a esquerda do que mira, e a de unha monxa. A nave ten unha lonxitude de casi 65 metros por un ancho de doce e medio. Os muros laterais están adornados con pilastras similares as de a fachada, sustentando un cornisamento que percorre toda a igrexa. No encontro da nave principal coa do cruceiro se alza unha gran bóveda octogonal de gran perfección de estilo e trazado.
    É unha peza moi interesante pola sorprendente ornamentación barroca da sua bóveda, construida a comenzos do século XVIII.
    Especial atención merecen os sepulcros. No fondo da nave está o de Nuño Freire de Andrade o Mao, un dos señores máis importantes de toda a comarca durante século XV. O sepulcro e gótico, anterior a igrexa, e representa o cabaleiro con casco, armadura e espada, apoiando os pes nel un pequeno xabalí. No bordillo do pau que cubre o arca sepulcral se pode leer en galego: 0 VONE JESU A VEDE PIEDADE DA ANIMA DE NUÑO FREIRE DE ANDRADE CAVALEIRO DE VERDADE UN DO CONCELLO DO REI QUESE FINOU ENO ANO D MIL CCCC XXXI ANOS.
    Cerca do anterior está o de seu fillo, Pedro Fernández de Andrade, carto señor de Pontedeume, que morreu en 1435. A figura do cabaleiro aparece tamén armado. Dous ánxeles recitan sus preces sobre o almohadón e dous cans se tenden xunta os seus pes. A decoración do lateral está formada por unha serie de arcos e columnillas entre as que se cobixan oito escudos cos emblemas dos Andrade.
    A continuación do sepulcro anterior podemos ver o de Fernán Pérez de Andrade, finado en 1470. A figura do cabaleiro atopase a nivel do pavimento sen apenas elementos ornamentais. Tamén a ras do so e de parecido estilo e o sepulcro de Diego de Andrade, que deixou de existir en 1492.
    Lugares que noutros tempos foron testigos pétreos dunha activade relixiosa, social e cultural
    No edificio do convento, reconstruido no século XVII e no que se han intentado algunhas restauracions, podese ver, despois de atravesar a porta de entrada, un claustro renacentista no que se descubren alguns restos do primitivo mosteiro románico. Máis interesante e o segundo claustro, comenzado por Xoan de Herrera a finais do seculo XVI, que só realizou o primero piso, terminándose o resto en 1773. No centro do patio brotaba augua nunha fermosa fonte barroca. Aínda hay un tercer claustro que se estaba arreglando cando foi ocupado polas tropas napoleónicas durante a guerra da Independencia.

Комментарии •