Fuxan Os Ventos - Cencia do Adro

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 30 сен 2024
  • Sementar en leira allea,
    pagar sendo convidado,
    mercar a rico e na aldea,
    vender a probe e fiado…
    non é pra ter casa chea.
    Muller que adoura á veciña,
    rapaza que dorme fóra,
    pedra limpa da cociña
    e meniño que non chora…
    non che me dan boa espiña.
    (retrouso)
    PERTO DO LUME DES QUE NACÍN
    LEISES COMA ISTAS NA CASA OUVÍN
    CENCIA DO ADRO, CENCIA DO AVÓ:
    CENCIA DOS ANOS: NON HAI MILLOR!
    Crego que che queira mal,
    alcalde no teu outeiro,
    escribano no portal
    e lume polo palleiro…
    salvarás se Dios che val.
    Palique de taberneira
    e bágoas de bebedor-e,
    amores de costureira
    e xastre traballador-e…
    sonche contiños da feira.
    (retrouso)
    Apostar-e o que se ten,
    firmar o que non escribo,
    donar sin saber a quen
    e dar cartos sin recibo…
    penso que non me convén.
    Estremeiro pleiteador,
    néboas agoentas do río,
    boi, ou vaca, escornador,
    e xente de señorío…
    canto máis lonxe millor.
    (retrouso)

Комментарии • 2