A árbore de Manolo - María Fumaça

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 22 дек 2019
  • Canción incluída no libro-disco "O veleiro verde", de María Fumaça (Editorial Galaxia, colección Sonárbore 2019)
    www.editorialgalaxia.gal/produto/o-veleiro-verde
    Letra: Alfonso Pato.
    Música: Chus Domínguez
    Dedicada á orixinal árbore de Nadal de Manolo, o avó de Ruí.
    Solistas: Blanqui e Tatán
    Video dirixido por Olih Conde (Oliconh)
    Stop Motion por Breogán Sousa e María Selgas
    Da árbore de Manolo
    penduran moitas cousas,
    cando chega o Nadal
    semella un tendal.
    Manolo, Manolo,
    colgou un cazarolo,
    un cacho de mangueira,
    unha regadeira,
    un penico furado
    que ten colgado ao lado,
    unha tixola vella,
    un cacho de tella.
    A árbore de Manolo!
    Nunca se viu cousa tal!
    Bota flor polo Nadal
    cando chove e neva no val.
    Das pólas cheas de orballo
    medran de noite agasallos,
    e se o abaneas cunha vara
    pasan cousas moi raras.
    Hai unha tixola
    que che fala e di "ola".
    Hai un cazarolo
    que che pide un arrolo.
    Hai unha cafeteira
    que come polbo á feira.
    Unha boneca tola
    que mexa Pepsicola.
    A árbore de Manolo!
    Nunca se viu cousa tal!
    Bota flor polo Nadal
    cando chove e neva no val.
    Da árbore de Manolo
    penduran moitas cousas,
    cando chega o Nadal
    semella un tendal.
    Manolo, Manolo,
    colgou un cazarolo,
    un cacho de mangueira,
    unha regadeira,
    un penico furado
    que ten colgado ao lado,
    unha tixola vella,
    un cacho de tella.
    A árbore de Manolo!
    Nunca se viu cousa tal!
    Bota flor polo Nadal
    cando chove e neva no val.

Комментарии •