Manuele Pardo -MAZURCA DO CARPINTEIRO-

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 13 сен 2024
  • Este tema está inspirado nunha canción, unha mazurca, que escoitei dunha recollida do concello de Zas, na parroquia de Muíño, no lugar do Couto. Xa levaba uns anos andando polo meu ordenador unha gravación dela a modo de esbozo. O canto que lle precede é inventado a raíz dunha copla que lin nalgún lugar que non recordo, mais pareceume bonita e acaída para a ocasión. Cando voltei a escoitala acordeime de meu pai, que foi carpinteiro e facía cousas ben cucas, tamén fumaba moito (por iso o do canto).
    Que mellor regalo polo seu aniversario que algo que sei facer? Para ti, David Pardo, unha das dúas persoas (xunto coa miña nai) que me inculcou o amor pola nosa música. Por moitas tocatas máis. Parabéns!
    Grazas sempre a Sara Pardo por darme soporte técnico e táctico, termando da cámara e dando apoio. Ela tamén e parte de todo o que fago, sempre crítica e meticulosa.
    Eternamente agradecido a Roberto Ledesma (mistura e máster) polo seu bo facer e o seu tirar cara adiante constante, tanto no sonido como na vida.
    Para finalizar pero non menos importante, obrigado a Icía Kirk por poñer a súa fermosa voz e o seu bo facer nisto.
    O vídeo que montei e só un pequeno apoio visual a unha canción que mistura cousas orgánicas con sons electrónicos que fun experimentando e descubrindo.

Комментарии • 12