Monte Graiade dende Tarrío. Porto do Son - 14 setembro 2024 - Roteiros Galegos
HTML-код
- Опубликовано: 9 фев 2025
- @Roteirosgalegos
Descrición da ruta: roteiros.gal/m...
Imos ata a parroquia de Queiruga, en Porto do Son, para facer un percorrido rodeando o monte Graiade dende o lugar de Tarrío. É un percorrido circular que nos leva por diferentes zonas deste monte do Barbanza. A ruta agocha un montón de lugares moi interesantes, como os característicos outeiros e formacións graníticas que veremos na primeira parte, as vistas e a paisaxe, a fervenza de Ribasieira, os lugares como Xufre e Bustiguillade que teñen numerosas mostras de patrimonio e pequenos bosques autóctonos ao seu carón.
Os camiños en xeral son moi bos e cómodos, pero hai algún tramo no que temos que andar con máis coidado. En total, a ruta suma un desnivel a ter en conta, pero predominan as pendentes levadías, sobre todo nos tramos de subida.
Lonxitude: 17,5 km
Desnivel: medio
Dificultade: baixa-media.