Desafío

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 24 ноя 2024
  • Vivimos nunha terra inzada de encrucilladas,
    cuadrivios ou "catrocamiños",
    eses puntos de incerteza e de casualidade
    (ás veces, as cancións tamén transitan esas dúbidas
    antes de mutar á forma na que as coñecemos),
    mais é tamén verdade que hai encontros inevitables,
    coma os das augas dos regatos que se confunden nos ríos
    ao chegar á baixa dos vales.
    Somos urdime dun cesto que garda músicas compartidas dende hai tempo.
    Guille e Guadi, Xabier e Xosé Lois; Guille e Xosé Lois, Guadi e Xabier.
    Foron tantas as partillas que decidimos ordenar
    esta nosa multiplicidade
    e converter esas duplas e triplas encarnacións en cuarteto,
    á forma tradicional: Os Beatles, Os Gaiteiros de Soutelo...
    Guillerme Fernández, Guadi Galego,
    Xabier Díaz e Xosé Lois Romero
    ou como os viaxeiros ás veces tropezan na encrucillada
    iso si, recoñecendo que saímos en tempo e velocidade axeitados para
    nos accidentar neste encontro.
    Imos sentar e facer unhas cancións antes de continuar camiño!
    Desafío
    Música: Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández, Xosé Lois Romero.
    Letra: Guadi Galego.
    Entrei con un desafío
    só quería verte despertar
    Os pés xa facían ruido dende o outeiro
    do outro lugar.

    O soto daquela casa
    era como un pazo de cristal
    Todo luz naquela noite
    e eu non deixaba de danzar.

    Violas de madrugada
    a banda sonora dos portais
    As ruas de compostela
    non deixaban de ficar atrás.

    Comboios e máis comboios
    e nunca pararon repostar
    O teu chamado silenzo
    e o meu non podo nen lembrar.

    O tempo pasou sen ritmo
    eu buscando o paso pra chegar
    A ruta non me atopou
    e a danza soa rematou.

    Agora xa non te busco
    só agardo poder atopar
    os anos que alá quedaron
    e os que me quedan por chegar.

Комментарии • 7