Parrafeo Agromadas 2023
HTML-код
- Опубликовано: 1 янв 2025
- No último terzo do século pasado, algún persoeiro da vila de Seixalbo facía un relato do acontecido no ano que estaba a piques de rematar. A retranca permitía “salvar” a posible censura que durante algún tempo limitaba a libre expresión. A Praza Maior era o lugar escollido como auditorio para un público sempre entregado.
A Asociación Cultural Agromadas recuperou felizmente esta tradición, que no ano 2023 tivo como relator a Marco Rivo Rodríguez.
«Este Libro de Parrafeo 2023 como ben se podería describir, viña repleto de moitas paxinas en branco que se foron escribindo a medida que se ían sucedendo os acontecementos ao longo do ano.
A introdución a este Libro de parrafeo leva un pequeno relato dedicado a un personaxe de esta vila de Seixalbo que nos deixou este ano : Pilar, que así era como se chamaba, era unha muller traballadora, e progresista que o longo da súa vida defendeu a igualdade das mulleres.
Unha mañá de este ano 2023 o corazón de Pilar parouse e levouna para unirse co noso Parrafeiro Maior, Nolete»
Marco Rivo. Parrafeiro 2023