MOI BOA A INTERPRETACIÓN DE RAICES COMBINADAS DE LIMIÑOA. PARABÉNS. MANEO DE LIMIÑOA Meu amor non me fala nen fala nin me preghunta fala meu amor fala que eu non che tiven a culpa fala meu amor fala que eu non che tiven a culpa Ai la, la... Limiñoa é ben bonito anque non queda ninguén-e anque o lugar é pequeno aqui pasámolo ben-e aunque o logar é pequeno aqui pasámolo ben-e Ai la, la, ... Teño unha paloma branca no adro da miña leira non lle tires cazador-e que é a miña compañeira non lle tires cazador-e que é a miña compañeira Ai la, la, ... MUIÑEIRA DE LIMIÑOA Vexo Vigho, vexo Vigho tamén vexo Redondela vexo a ponte de San Paio camiño da miña aldea vexo a ponte de San Paio camiño da miña aldea Axudádeme a cantar-e botádeme aquí unha axudiña eu non me podo axudar-e desta miña gargantiña eu non me podo axudar-e desta miña gargantiña Toca, miña pandeireta, senón heite de rachar-e que me custáche-los cartos, axúdamos a gañar-e que me custáche-los cartos, axúdamos a gañar-e Este pandeiro que toco, este que teño na man-e Éche de miña cuñada, da muller do meu irman-e Éche de miña cuñada, da muller do meu irman-e Que ben baila, que ben baila aquel bailador onde é o bailar é de Seaia el de Seaia non é o bailar é de Seaia el de Seaia non é Onde van os de Seaia os de Seaia onde van-e onde van os de Seaia na foliada non estan-e onde van os de Seaia na foliada non estan-e Aí vos vai a despedida, mais non é para marchar-e é pa darlle a pandeireta, a quen a queira tocar-e é pa darlle a pandeireta, a quen a queira tocar-e.
MOI BOA A INTERPRETACIÓN DE RAICES COMBINADAS DE LIMIÑOA. PARABÉNS.
MANEO DE LIMIÑOA
Meu amor non me fala
nen fala nin me preghunta
fala meu amor fala
que eu non che tiven a culpa
fala meu amor fala
que eu non che tiven a culpa
Ai la, la...
Limiñoa é ben bonito
anque non queda ninguén-e
anque o lugar é pequeno
aqui pasámolo ben-e
aunque o logar é pequeno
aqui pasámolo ben-e
Ai la, la, ...
Teño unha paloma branca
no adro da miña leira
non lle tires cazador-e
que é a miña compañeira
non lle tires cazador-e
que é a miña compañeira
Ai la, la, ...
MUIÑEIRA DE LIMIÑOA
Vexo Vigho, vexo Vigho
tamén vexo Redondela
vexo a ponte de San Paio
camiño da miña aldea
vexo a ponte de San Paio
camiño da miña aldea
Axudádeme a cantar-e
botádeme aquí unha axudiña
eu non me podo axudar-e
desta miña gargantiña
eu non me podo axudar-e
desta miña gargantiña
Toca, miña pandeireta,
senón heite de rachar-e
que me custáche-los cartos,
axúdamos a gañar-e
que me custáche-los cartos,
axúdamos a gañar-e
Este pandeiro que toco,
este que teño na man-e
Éche de miña cuñada,
da muller do meu irman-e
Éche de miña cuñada,
da muller do meu irman-e
Que ben baila, que ben baila
aquel bailador onde é
o bailar é de Seaia
el de Seaia non é
o bailar é de Seaia
el de Seaia non é
Onde van os de Seaia
os de Seaia onde van-e
onde van os de Seaia
na foliada non estan-e
onde van os de Seaia
na foliada non estan-e
Aí vos vai a despedida,
mais non é para marchar-e
é pa darlle a pandeireta,
a quen a queira tocar-e
é pa darlle a pandeireta,
a quen a queira tocar-e.