O galego non para

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 15 сен 2024
  • O día 18 de novembro de 2016, a comunidade educativa do IES Chapela (Redondela - GALIZA) gravou o seu particular "mannequin challenge" polo galego. En menos de 15 minutos 120 persoas puxémonos de acordo para berrar alto e claro a todo o país que O GALEGO NON PARA, e que non estamos dispostos e dispostas a que a nosa lingua se conxele como un obxecto de museo. A música, o baile, a literatura, a xeografía, o pensamento, a gastronomía, o deporte, a chuvia… no marco dos muros dun instituto cuberto de Rosalía, Castelao e Celso Emilio, para dicirvos a todas e a todos con humor, mais en serio, que SEMPRE EN CHAPELA, SEMPRE EN GALEGO.
    AVANTE COA LINGUA GALEGA!
    Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Chapela
    Chapela, 21 de novembro de 2016
    oberete.blogali...
    Música: Berrogüetto - "Cantos de Monzo" do álbum "Hepta" (2001). Voces: Xabier Díaz e Guadi Galego.
    Detrás da cámara, o noso compañeiro do EDLG, Aldán Santamarina.

Комментарии • 7