Alalá nº 56 Músicas Completas de "César Fernárndez" - TVG

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 11 окт 2024
  • César Fernandez tanto lle dá á gaita, como a caixa ou a trompa. A trompa é o nome como se coñece o na Fonsagrada, porque este instrumento do que se poden atopar variacións en Francia, Alemaña, Rusia, Vietnan e en case todo o mundo, ten, un montón de nomes: trompa, birimdbao, guinbarda, gaita de sapo, música de sapo, arpa da boca, trompa lacayos, ferro zumbador e ata "espanta pensamentos". Nomes tan orixinais como o son que produce este pequeno instrumento que, en Galicia, só se mantén vivo na Fonsagrada. Neste lugar había moitos tocadores, agora quedan moi poucos. Cesar Fernandez é un dos vellos tocadores de trompa e no Alalá tivemos a oportunidade de gravalo.
    César contounos que antes da guerra a trompa era un instrumento moi popular na zona e por iso cos 81 anos que tiña no momento de gravar o progrma, tivo que grabar un disco para recoller as pezas e os romaces que recorda. No disco tamén toca a gaita, e iso que, segundo di el "xa non lle dan as mans", sobre todo desde que lle amputaron un dedo por culpa dunha enfermidade non tendóns. Pero el é un home recursos e atopou a solución: un protese de corno de vaca.
    Cantaba, asubiaba, xogaba e traballaba...¡faltáballe tempo para todo! Por iso cando se pai o mandaba o monte aproveitaba, xa o oistes, para facer gaitiñas de pipas de castiñeiro, e cando quedaba na Queixoeiro para xogar ó risco cos amigos - Un xogo parecido ó tres en raia- O caso é que cun simples paos e unhas pedras, os nenos eran felices...e xa se había música, mellor.
    Hoxe publicamos as pezas completas interpretadas por César Fernández para o Alalá 56, un dos nos alalás preferidos pola inmensa simpatía de César.

Комментарии • 2

  • @josemartin-ye3se
    @josemartin-ye3se 7 лет назад +6

    no soy gallego pero este hombre como tantos viejos gaiteros merecen el aplauso y el reconocimiento de todos Bien por cesar , por o freixo,o ferreira, por jose de gregorio y tantos y tantos otros que todos merecen el mayor reconocimiento por parte de todos Soy de salamanca pero digo.......VIVA GALICIA

  • @jesusosorio9582
    @jesusosorio9582 Год назад

    Me en canta olé