Cabane de Cujalate. Vallée d'Ossau - 26 xullo 2024 - Roteiros Galegos

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 11 сен 2024
  • @Roteirosgalegos
    Ruta de ida e volta desde a estrada que conduce a Goust ata a Cabane de Cujalate (5.8 km).
    A ruta comeza por un tramo asfaltado por zona boscosa (Bois du Bitet), paralelo ás gargantas do río Bitet. Máis adiante, logo de cruzar o río, o asfalto convértese en pista de terra ata que tomamos unha senda estreita. Neste punto, a pendente aumenta, sendo o treito máis incómodo, pois o camiño está un pouco desfeito e a pendente é forte.
    Saimos do bosque e en pouco tempo chegamos á cabane de Cujalate, onde o val se abre completamente, tendo unhas impresionantes vistas do sector de Pic d'Isabe e Cret de Sesques. Unha paisaxe marabillosa!
    Distancia: 11,8 km
    Desnivel: 640 m positivos e negativos
    Dificultade: Moderada

Комментарии •