“𝗖𝗼𝗻𝘁𝗮𝗺𝗶𝗻𝗮𝗰𝗶ó𝗻 𝗺𝗮𝗿𝗶ñ𝗮. 𝗢 𝗺𝗮𝗿 𝗱𝗲 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮 𝗮𝗻𝘁𝗲 𝗼 𝗰𝗮𝗺𝗯𝗶𝗼 𝗰𝗹𝗶𝗺á𝘁𝗶𝗰𝗼”. I. PLANETA OCÉANO ESTRESADO

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 15 окт 2024
  • DISFRUTA DEL PROGRAMA COMPLETO EN A CARTA DE TVG:
    www.crtvg.es/t...
    #DíadosOcéanos #UNWorldOceansDay #WorldOceanDay
    Esta miniserie documental -dous capítulos de 26 minutos- toma o pulso á situación do mar de Galicia a ante ata baixo cabe cara con contra de desde en entre para por segundo sen so sobre tras o cambio climático.
    A primeira parte céntrase na importancia do mar como pulmón, corazón, sistema nervioso e sistema sanguíneo do Planeta Azul ou Planeta Océano (mal chamado Terra), e como os humanos tratamos ao gran ecosistema do que dependen todos os demais ecosistemas. Trata de responder a unha dobre pregunta: Que fai o mar por nós e que facemos nós polo mar?
    A segunda parte analiza as consecuencias futuras da actividade humana, centrándose no mar como fonte de vida e alimento, observando os riscos e perigos que ameazan actividades vitais como mediante a pesca e a acuicultura, dando resposta á pregunta: Que facer?
    Os dous capítulos son conducidos pola fermosa voz da actriz Sara Couce e as acrobacias e reflexións do surfeiro e médico galego Guille Carracedo, dúas veces campión de España e subcampión do mundo de paddle surf, cuxo brillante historial deportivo e persoal é unha referencia para miles de mozos -dentro e fóra de Galicia-, con máis de un millón de seguidores en redes sociais.
    A serie, producida por Bierzo Paradiso poara TVG, está dirixida polo xornalista e escritor Valentín Carrera; e conta con imaxes submariñas inéditas de Jorge J. Candán (bicampeón mundial de Vídeo Submarino 2019-2010) e do naturalista galego José Luis Lorenzo Colón. A rodaxe foi realizada polo cámara Paco Peiteiros, con montaxe e postprodución de José Brea en Setemedia. A música é creación orixinal de Gío Yáñez, sonorizada por Emilio García en Cinemar Estudos. Os documentais contan co aval científico da ecóloga Josabel Belliure e do oceanógrafo Pablo Rodríguez Ros, que supervisaron o guion.
    A narración oral articúlase en forma de diálogo didáctico -seguindo o método socrático- que se desenvolve nas redes sociais, a través das que Guille Carracedo e Sara Couce son interpelados por un grupo de milenials reais, que prantexan as súas dudas e preguntas. Os milenials son Alicia Carrera Castaño, José Luis Lorenzo Colón, Juan Pedro Mira, Julia Lado Villar, Melina Miller, Pablo Lorenzo Rodríguez, Sandra Carrera Castaño, Sara Méndez Ortega e Yago Castro Rodríguez.

Комментарии •