Fillas de Cassandra - A veciña do Cuarto (Cedeira, Festival Discalzos, 05/08/2023)

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 3 авг 2024
  • A veciña do cuarto fecha por dentro, dende que botou mozo xa non a vexo,
    xa non a vexo nena, xa non a vexo, a veciña do cuarto fecha por dentro.
    Onte vina na fiestra toda inundada, meu pai sempre dicía non viches nada,
    non viches nada nena, non viches nada, os panos sucios sempre quedan na casa.
    Por que choras pola noite Rosiña de los Rosales?,
    por que choras pola noite porque de día non sales?
    Porque de días non sales ailalala-ailalala ailalala-ailalala lalalalalala.
    Un día pola noite, oín un berro, chamei a policía, mais non viñeron,
    mais non viñeron nena, porque non creron, que un día pola noite oira un berro.
    Na porta da parroquia hai unha esquela, din que a nosa Rosiña morreu de pena.
    Non foi de pena nena, non foi de pena, foi ese mozo novo de tanto batela.
    Por que choras pola noite Rosiña de los Rosales? Por que choras pola noite porque de día non sales?
    por que de día non sales ailalala-ailalala ailalala-ailalala lalalalalala.
    Ainda que non me escoiten sigo cantando, vou da comisaría para o xulgado,
    para o xulgado nena, para o xulgado, ainda que non escoiten sigo cantando.
  • ВидеоклипыВидеоклипы

Комментарии • 1

  • @eu5337
    @eu5337 8 месяцев назад +2

    Que boa