ALBERTE BLANCO CASAL: Presentación do libro "A soidade do inquisidor"

Поделиться
HTML-код
  • Опубликовано: 3 окт 2024
  • O pasado xoves 20 de xuño, ás 19:30h no Salón de Actos, tivemos a presentación da nova novela de Alberte Blanco Casal «A soidade do inquisidor», editorial Xerais 2024. Na mesma, ademais do autor, participarán o Tenente de Alcalde do Concello de Verín Diego Lourenzo; Juan Guerra López, profesor de historia do IES «Xesús Taboada Chivite»; Nieves Amado Rolán, historiadora e arqueóloga, membro do Consello da Cultura Galega; e o director da editorial Xerais Fran Alonso.
    Sinopse: Condado de Monterrei, último terzo do século XVI. Rumores sobre prácticas pouco acordes coa doutrina católica chegaron á casa do Santo Oficio de Compostela. O licenciado Xoán de Freixedo seráo encargado de dirixirse á comarca do sueste ourensán e iniciar a pescuda para aclarar a natureza dos rumores. O procedemento enseguida se veráalterado pola aparición duns cadáveres de mulleres novas mortas en estrañas circunstancias. Novos e intrigantes datos fan que a pescuda cobre un novo rumbo co traslado a Monterrei do intransixenteinquisidorDiego de la Cantera. A suposta implicación dalgún frade do Colexio dos Xesuítasnas prácticas heréticas que intenta dilucidar a enquisa inquisitorial fará intervir á ilustrada condesa dona Inés de Velasco para poñer orde no seu condado e saír na defensa da orde ignaciana, a súa protexida. Pero a tribulación da casa condal non fará máis que aumentar co secuestro do curmán da condesa por unha banda aliada de don Antonio, o Prior do Crato,o rebelde contrario á anexión por Filipe II do reino portugués. Para garantir o control da situación a condesa ordena aos seus xustizas que investiguen as mortes en colaboración cos inquisidores, participando o seu sobriño Xerome na complexa pescuda do secuestro e dos crimes das mulleres. O progreso da pescuda inquisitorial vai tecendo unha estraña conexión entre as accións guerrilleiras dos rebeldes portugueses, unha mancebía ambulante, o colexio xesuíta e unha confraría pagá practicante de antigos ritos. A trama e desenlace desta novelanegra con fondo históricoseduciráaos lectores e lectoras polo seu trepidante ritmo e unha narrativa que os mergullará nunha intrigante atmosfera atravesada pola transgresión,a intolerancia e a liberación.

Комментарии • 1